Rosario Álvarez Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosario Álvarez Blanco
Rosario Álvarez Blanco.jpg
Nacemento12 de xuño de 1952 e 1952
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilóloga, catedrática e romanista
CónxuxeXosé Xove Ferreiro
FillosBrais, Irima e Daniel
IrmánsSalomé Álvarez Blanco
editar datos en Wikidata ]

Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952,[1] é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela).[2] É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega,[3] converténdose na primeira muller en presidilo.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica-Español) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa memoria Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás (1974).[5] Tras doutorarse en 1980 coa tese O pronome persoal en galego,[6] desenvolveu o seu labor docente ata 1982 no Departamento de Filoloxía Románica da USC, para logo continuar no Departamento de Filoloxía Galega, onde acadou en 1998 a condición de catedrática de Universidade da área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Entre os cargos académicos que ocupou están a vicerreitoría de Profesorado (1990-1994), a dirección do Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999), e a dirección do Instituto da Lingua Galega (2005-2015).[7]

O 8 de setembro de 2001 foi proposta como membro numerario da RAG, onde ingresou o 6 de xuño de 2003 cun discurso titulado Variedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar,[8] contestado por Antón Santamarina. Pertence ao Instituto da Lingua Galega desde 1974 e dirixiuno entre os anos 2005-2013.[9]

Estivo á fronte do Seminario de Gramática da RAG en 2003 e foi tamén tesoureira desta institución a partir de 2013.[10][7]

É directora do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués e codirectora de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna e dirixe a revista Estudos de Lingüística Galega.

Foi vicepresidenta do Consello da Cultura Galega (2010-2018) e é presidenta do Consello da Cultura Galega desde 2018.[4][11]

Obras[editar | editar a fonte]

A investigación de Rosario Álvarez segue tres liñas fundamentais:[12]

É autora, xunto con Xosé Xove e Henrique Monteagudo, da Gramática da lingua galega editada na Editorial Galaxia.[13] Foi membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego dende os inicios:

En 2014 participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG. 

Ten publicados diversos libros de texto de lingua e literatura galegas para secundaria. O seu labor investigador é moi prolífico e ten publicado comunicacións en numerosos congresos e revistas, como Verba, Madrygal, Cadernos de Lingua, Boletín da Real Academia Galega e Estudos de Lingüística Galega, entre outros.

Escolma de artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Manuel González González
 Tesoureira da RAG 
2013 - 2017
Sucesor:
Marilar Aleixandre
Predecesor:
Ramón Villares
 Presidenta do Consello da Cultura Galega 
2018 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rosario Álvarez Blanco no Consello da Cultura Galega". Consello da Cultura Galega. Consultado o 12 de xulo de 2019. 
  2. ILG (ed.). "O Instituto". Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  3. "Rosario Álvarez Blanco é elixida presidenta do Consello da Cultura Galega". Consello da Cultura Galega. 31 de maio de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  4. 4,04,1 "Rosario Álvarez Blanco, primeira muller que preside o Consello da Cultura Galega". Sermos Galiza. 1 de xuño de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  5. Álvarez Blanco, Rosario. (1974).Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás. Memoria de Licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
  6. Álvarez Blanco, Rosario (1980). O pronome persoal en galego (Tese). Universidade de Santiago de Compostela. 
  7. 7,07,1 "Ficha da investigadora en ORCID". orcid.org. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  8. "Variedade e diversidade da lingua". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  9. "Publicacións de Rosario Álvarez". ilg.usc.es. Consultado o 4 de setembro de 2019. 
  10. "Membros da Academia: Rosario Álvarez Blanco". academia.gal. Consultado o 01 de xuño de 2018. 
  11. ÁlvarezBlanco, Rosario (2018). "Discurso da toma de posesión da Presidencia do Consello da Cultura Galega". Grial: revista galega de cultura 56 (219): 15–19. ISSN 0017-4181. 
  12. "ÁLVAREZ BLANCO, Rosario - PDI - USC". www.usc.es. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  13. Alvarez Blanco, María Rosario; Monteagudo Romero, Henrique; Regueira Fernández, Xosé Luis (1989). Gramática galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 8471545306. OCLC 18253271. 
  14. "Presentouse o sexto volume do Atlas Lingüístico Galego dedicado ao léxico da terra como espazo natural, das plantas e das árbores". xornal.usc.es. Consultado o 25 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rosario_Álvarez_Blanco&oldid=5241978"