Rumasa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Rumasa, acrónimo de Ruiz-Mateos Sociedad Anónima, foi un holding de empresas españolas propiedade de José María Ruiz-Mateos, e cuxa matriz foi fundada por el mesmo en 1961.

Conferencia de prensa pola que se anuncia a expropiación de Rumasa.

Rumasa foi expropiada polo Goberno español o 23 de febreiro de 1983, en virtude do Decreto-Lei 2/1983 [1]. O grupo Rumasa, no intre en que se anunciou a disposición, estaba constituído por máis de 700 empresas, e 60.000 traballadores, facturando uns 350.000 millóns de pesetas (máis de 2.000 millóns de euros) anuais. Tras a expropiación foi reprivatizada por partes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Real Decreto-lei 2/1983, de 23 de febreiro, de expropiación, por razóns de utilidade pública e interese social, dos Bancos e outras Sociedades que compoñen o grupo «Rumasa, S. A.». (BOE nº 47, de 24.02.1983), ratificado por Lei 7/1983, de 29 de xuño (BOE nº 155, de 30.06.1983).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Nueva Rumasa
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rumasa&oldid=4593290"