Ruth Beitia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ruth Beitia
Ruth Beitia by Augustas Didzgalvis.jpg
Nacemento1 de abril de 1979
 Santander
NacionalidadeEspaña
Alma máterUcam
Ocupaciónatleta e política
PremiosMedalla de Oro de la Real Orden del Mérito Deportivo
editar datos en Wikidata ]

Ruth Beitia Vila, nada en Santander o 1 de abril de 1979, é unha atleta española, especialista en salto de altura. Desde 2011 é secretaria primeira do Parlamento de Cantabria.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Ruth Beitia
Ruth Beitia (IAAF World Challenge Meeting Madrid 2017)

En 1998 bateu o seu primeiro récord de España, saltando 1,89 m. Nos anos seguintes mellorou varias veces esta marca ata conseguir superar os 2,02 m, que é o actual récord de España, feito en Donostia, o 4 de agosto de 2007.

É a primeira e ata agora única muller española que superou a barreira dos dous metros, e foi a 9ª mellor marca mundial de 2003.

Os seus resultados internacionais máis importantes logrounos baixo teito. En 2005 gañou a medalla de prata nos Campionatos de Europa indoor celebrados en Madrid, onde saltou 1,99 m e só foi batida pola rusa Anna Chicherova.

En 2006 gañou o bronce nos Campionatos do Mundo Indoor de Moscova, onde saltou 1,98 e só foi batida pola rusa campioa olímpica Yelena Slesarenko e pola croata Blanka Vlašić.

Foi finalista nos Campionatos do Mundo ao aire libre de París 2003, onde ocupou a 11ª posición. Nos mundiais de Helsinqui 2005 non conseguiu pasar á final.

Foi finalista nos Campionatos de Europa de Múnic en 2002, onde ocupou a 11ª posición.

Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, aínda que non puido pasar á final.

Foi unha vez campioa de España ao aire libre (en 2003), e catro veces campioa indoor (en 2002-03-04-05)

En 2004 conseguiu saltar os 2,00 m en pista cuberta, igualando o seu mellor marca ao aire libre.

O 8 de marzo de 2009 conseguiu a medalla de prata en salto de altura, a súa terceira medalla no Campionato Europeo de Atletismo en Pista Cuberta de 2009 celebrado en Turín, cunha marca de 1,99 metros que só puido superar a alemá Ariane Friedrich (2,01).

No Campionato do Mundo de Berlín 2009, quedou en quinta posición cunha marca de 1,99.

Ruth Beitia consegue a medalla de ouro nos Campionatos de Europa de Atletismo celebrados en Helsinqui en 2012 cunha marca de 1,97 m.[1]

Nas olimpiadas de Londres 2012, consegue un cuarto posto tras superar os 2,00 e realizar tres saltos nulos na marca 2,03.

Ruth Beitia revalida a medalla de ouro nos Campionatos de Europa de Atletismo en Pista Cuberta de 2013 celebrados en Gotemburgo cunha marca de 1,99 m.[2]

Mellores marcas[editar | editar a fonte]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

En outubro de 2008 foi designada membro do Comité Executivo Rexional do Partido Popular de Cantabria por parte de Ignacio Diego.[3] O 16 de xuño de 2011 tomou posesión como deputada e foi designada secretaria primeira do Parlamento de Cantabria para a VIII Lexislatura.[4]

Predecesor:
Eva Bartolomé
Escudo de Cantabria.svg
Secretaria primeira do Parlamento de Cantabria

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As (28/06/2012). Ruth deslumbra con el oro en salto de altura
  2. Marca (03/03/2013). Ruth Beitia logra el oro en altura
  3. 20 minutos (4 de outubro de 2008). "La atleta Ruth Beitia formará parte del Comité Ejecutivo del PP de Cantabria". Consultado o 17 de xuño de 2011. 
  4. El Diario Montañés (17 de xuño de 2011). "El nuevo presidente del Parlamento aboga por la transparencia y la austeridad". Consultado o 17 de xuño de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ruth_Beitia&oldid=5267942"