Saboga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Salema")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Saboga
Banco de sabogas

A saboga, perla, bogón ou sopa (Sarpa salpa, Linneaus 1758) é un peixe mariño pertencente á familia dos espáridos (Sparidae), da orde dos perciformes.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Ten un corpo longo e comprimido lateralmente e pode alcanzar tamaños máximos de 50 cm, aínda que o tamaño habitual ronda os 30 cm. Posúe unha aleta dorsal longa e baixa con 11-12 radios espiñosos e 14-17 brandos; a aleta anal tamén é baixa pero moito máis curta, con 3 radios espiñosos e 13-15 brandos. A cabeza é pequena, máis escura que o resto do corpo e co fociño romo. A boca é pequena, terminal e con labios grosos.

A cor é azul prateada a agrisada, sendo característica da especie a presenza de 10-11 listas lonxitudinais en cada costado douradas ou con tons laranxa, desde a boca ata o pedúnculo caudal. O ventre é máis claro. Na base das aletas pectorais hai unha pequena mancha negra.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Distribúese no Atlántico oriental, desde o Golfo de Biscaia ata os 40º Sur, entrando no Mediterráneo, onde é moi abundante. Vive en augas pouco profundas, entre os 5 e os 70 metros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Saboga&oldid=4120934"