Salma Hayek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salma Hayek
Salma Hayek Cannes 2015 2 cropped.jpg
Hayek no 2015.
Nome completoSalma Valgarma Hayek-Jiménez
Nacemento2 de setembro de 1966 (52 anos)
LugarCoatzacoalcos, Veracruz, Flag of Mexico.svgMéxico
NacionalidadeMéxico e Estados Unidos de América
Educada enStella Adler Studio of Acting e Universidad Iberoamericana
Cónxuxe(s)François-Henri Pinault
Fillos1
ProfesiónActriz de cinema, teatro e televisión (1988 - presente)
http://www.salmahayek.net/
editar datos en Wikidata ]

Salma Valgarma Hayek-Jiménez, nada en Coatzacoalcos (Veracruz) o 2 de setembro de 1966[1], é unha actriz mexicana, máis coñecida como Salma Hayek. Nomeada ós Premios Oscar da Academia como mellor actriz pola súa interpretación en Frida.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais son o político e home de negocios Sami Hayek Dominguez, e a cantante de ópera Diana Jiménez. De pequena estudou en Luisiana (Estados Unidos de América) e viviu en Texas. De regreso a México estudou Relacións Internacionais, pero deixou os seus estudos universitarios polos de actuación.

O seu primeiro traballo artístico foi na obra Aladino e a lámpada marabillosa, onde a viu un produtor de televisión que lle ofreceu un papel na súa primeira telenovela Un Nuevo Amanecer en Televisa. A súa impactante beleza causou que o seu segundo papel fóra de protagonista na telenovela Teresa, que foi un gran éxito.

Malia ese grande éxito, decidiu deixalo todo en México e volver empezar nos Estados Unidos. Estudou interpretación nos Ánxeles (California) e obtivo pequenos papeis nalgunhas películas menores e programas de televisión por cable. O seu primeiro gran papel foi na película Desperado con Antonio Banderas. O director da película, Robert Rodríguez, elixiuna para actuar de novo con Bandeiras en Four Rooms, Spy Kids e a secuela de Desperado (O mexicano, ademais de Aberto ata o amencer con George Clooney. Actuou noutras películas con Penélope Cruz, Mike Myers, Will Smith, Matt Damon, Pierce Brosnan e a súa parella por varios anos, Edward Norton.

En 2002 presentouse a súa película Frida sobre a pintora mexicana Frida Kahlo, o traballo de varios anos da súa compañía de produción (Ventana Rosa) resultou nomeada en 6 categorías dos Oscar incluíndo Mellor Actriz para Hayek. O filme obtivo 2 premios (Maquillaxe e Música Orixinal).

Desde 2004 o seu rostro é o estandarte de Avon, anteriormente fixo a mesma función para Revlon en 1998. Ademais é considerada unha das actrices mellor vestidas de Hollywood.

En marzo de 2007 dáse a coñecer que está embarazada e comprometida co empresario francés François-Henri Pinault, cuxa firma é propietaria de Gucci e Yves Saint Laurent.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • South of the border (2008)
  • Lonely Hearts (2006)
  • Sian Ka'an (voz) (2005)
  • Pregúntalle ao vento (2005)
  • Bandidas (2005) con Penélope Cruz
  • After the Sunset (2004)
  • O mexicano (2003)
  • Spy Kids 3-D: Game Over (2003)
  • Frida (2002)
  • En el tiempo de las mariposas (2001)
  • Hotel (2001)
  • Traffic (2000)
  • La Gran vida (2000)
  • Chain of Fools (2000)
  • Timecode (2000)
  • Wild Wild West (1999)
  • El Coronel no tiene quien le escriba (1999)
  • Dogma (1999)
  • The Faculty (1998)
  • The Velocity of Gary (1998)
  • 54 (1998)
  • Sistole Diastole (1997)
  • Breaking Up (1997)
  • The Hunchback (1997)
  • Fools Rush In (1997)
  • Fled (1996)
  • Follow Me Home (1996)
  • Sólo los tontos se enamoran (1996)
  • Aberto ata o amencer (1996)
  • Fair Game (1995)
  • Four Rooms (1995)
  • Desperado (1995)
  • El Callejón de los milagros (1995)
  • Roadracers (1994)
  • Mi vida loca (1993)

Televisión[editar | editar a fonte]

  • Ugly Betty (2006) (produtora executiva)
  • The Sinbad Show (1993)

Telenovelas[editar | editar a fonte]

  • El Vuelo del águila (1996)
  • Teresa (1989)
  • Un Nuevo amanecer (1988)

Premios[editar | editar a fonte]

Oscars[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2003 Oscar á mellor actriz Frida Candidata

Globos de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2003 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama Frida Candidata

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Salma_Hayek&oldid=5099013"