Salvador Fernández Moreda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salvador Fernández Moreda

Escudo de A Coruña.svg
Concelleiro na Corporación Municipal da Coruña
1987 – 2015

Concelleiro de Urbanismo do Goberno Municipal da Coruña
1995 – 2003
Sucedido por José Luis Méndez Romeu

Escudo de España (mazonado).svg
Deputado nas Cortes Xerais de España
por provincia da Coruña
1979 – 1996

Escudo de la provincia de A Coruña.svg
Presidente da Deputación da Coruña
por partido xudicial da Coruña
1989 – 1995
Precedido por José Manuel Romay Beccaría
Sucedido por Augusto César Lendoiro

2003 – 2011
Precedido por José Luis Torres Colomer
Sucedido por Diego Calvo

Coat of Arms of the Senate of Spain.svg
Senador das Cortes Xerais de España
por provincia da Coruña
1996 – 2000

Datos persoais
Nacemento 28 de abril de 1953 (66 anos)
Foz
Partido PSdeG-PSOE
Profesión Médico, político
Residencia A Coruña

Jesús Salvador Fernández Moreda, nado o 28 de abril de 1953 en Foz, é un político galego do Partido dos Socialistas de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en ciencias económicas, en 1973 ingresou no PSOE e na UXT. Ostentou desde entón múltiples cargos, entre eles:

Área recreativa de Vilanova de Santiso inaugurada por Salvador Fernández Moreda como presidente da Deputación da Coruña e José Ramón Varela Rey como alcalde de Malpica.
  • Deputado no Congreso dos Deputados (1979-1996).
  • Concelleiro na Corporación Municipal da Coruña desde 1987 até 2015. Concelleiro de Urbanismo do Goberno Municipal de 1995 a 2003.
  • Presidente da Deputación Provincial da Coruña nos períodos 1989-1995 e 2003-2011.
  • Senador na VI lexislatura (1996-2000) do Senado Español.
  • Membro das Comisións de Orzamentos, Constitucional e Mixta do Defensor do Pobo, no Congreso dos Deputados.
  • Membro da Comisión Xeral de Comunidades Autónomas.
  • Membro da Comisión Executiva Federal do PSOE e responsábel da área de Política Autonómica entre 1981 e 1987.
  • Membro do Comité Federal do PSOE.
  • Membro de varias comisións executivas e do Comité Nacional do PSdeG-PSOE.
  • Secretario de organización e vicesecretario xeral do PSdG-PSOE.
  • Vicepresidente da Comisión de Urbanismo da FEMP.
  • Membro do Consello Xeral da FEMP.
  • Membro do Consello de Poderes Locais e Regionais do Consello de Europa
  • Secretario Provincial do PSdeG-PSOE na Coruña.
  • Membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.
  • Patrón de IFECO (Instituto Feiral da Coruña).
  • Membro da Comisión Galega de Cooperación.
  • Membro da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.
  • Patrón da Fundación Camilo José Cela.
  • Patrón da Fundación Gonzalo Torrente Ballester.
  • Patrón da Fundación Galicia Emigración
  • Patrón da Fundación Democracia e Goberno Local
  • Membro do Consello de Administración e da Comisión delegada de Caixa Galicia.
  • Vicepresidente primeiro de Caixa Galicia de 2008 a 2011[1].

Recibiu ademais, os seguintes premios e condecoracións:

  • Medalla de Ouro Sir John Moore.
  • Medalla de Ouro de Cruz Roja Española.
  • Medalla de Honra da Emigración (Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais).
  • Premio Economista do ano 2008.

Polémicas[editar | editar a fonte]

Froito do seu paso por múltiples institucións pesan sobre el varias polémicas, especialmente a da súa responsabilidade nas licenzas outorgadas cando era concelleiro de urbanismo na Coruña ao predio Conde de Fenosa[2] (sobre o que hai unha orde de derrumbamento parcial[3]) e a súa presunta implicación na concesión de xubilacións millonarias a varios exdirectivos da desaparecida Caixa Galicia[4].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Xosé Manuel Romay Beccaría
 Escudo de la provincia de A Coruña.svg
Presidente da Deputación da Coruña
 
19891995
Sucesor:
Augusto César Lendoiro
Predecesor:
Xosé Luís Torres Colomer
 Escudo de la provincia de A Coruña.svg
Presidente da Deputación da Coruña
 
20032011
Sucesor:
Diego Calvo Pouso
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Salvador_Fernández_Moreda&oldid=5275356"