San Andrés y Sauces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 28°48′20″N 17°46′30″O / 28.80556, -17.77500

San Andrés y Sauces
Escudo de San Andrés y Sauces.svg
Localización
La Palma municipio San Andrés y Sauces.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife - Bandera.svg Santa Cruz de Tenerife
IllaFlag of La Palma with CoA.svg La Palma
Xeografía
Altitude260 msnm
Superficie42,75 km²
Demografía
Poboación4.860 hab. (2011)
Densidade113,68 hab/km²
XentilicioSaucero, ra
Outros datos
Código postal38720
AlcaldeFrancisco Paz Expósito (PSOE)
www.sanandresysauces.es

San Andrés y Sauces é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no nordés da illa canaria de La Palma.

Ten unha extensión de 42,75 km² e unha poboación de 4.860 habitantes (INE, 2011). A altitude do centro do municipio (Los Sauces) é de 250 metros sobre o nivel do mar.

San Andrés

Durante algún tempo foron dous pobos separados, San Andrés na costa e Los Sauces nas medianías. Tras a crise da cana de azucre iniciouse o declive de ambos o que produciu que finalmente se unisen. Debido a ser lugar de paso da estrada do norte, Los Sauces creceu en poboación mentres que San Andrés estancouse.

O municipio destaca pola súa masa boscosa de laurisilva, os seus profundos barrancos, os seus bancais e cultivos de plátanos. Algúns lugares de interese son o barranco e bosque de Los Tilos, Los Nacientes de Marcos e Cordero, El Molino El Regente, El Charco Azul (piscinas naturais), El Puerto Espíndola, Igrexa de San Andrés, así como os núcleos de poboación, onde atopamos boas mostras de arquitectura tradicional.

A economía vira en torno ao plátano principalmente, sendo o único outro cultivo de importancia a cana de azucre, que se usa na única destilería da illa para fabricar o Ron Aldea. Outro cultivo minoritario é o iñame, que se cultiva nas ladeiras húmidas encharcadas dos barrancos. Os sauceros son coñecidos na Palma como "Ñameros".

Na costa atópase Puerto Espíndola, un pequeno porto pesqueiro que anteriormente foi a principal vía de comunicación do municipio, antes de que se construíse no século XX a estrada.

Na costa atópanse tamén as piscinas naturais do Charco Azul, pequeno centro turístico do municipio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=San_Andrés_y_Sauces&oldid=5216175"