Sandra Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sandra Prieto
Nacemento10 de abril de 1986
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónadestradora de baloncesto
PaiPablo Prieto Perille
editar datos en Wikidata ]

Alejandra Prieto Sánchez, nada en Ferrol[1] o 10 de abril de 1986[2], é unha adestradora de baloncesto galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Maxisterio, Prieto traballa como mestra de primaria en Ferrol[3]. Ademais, ten o título superior de adestradora de baloncesto.

Como adestradora de baloncesto, iniciouse nos bancos cos equipos de canteira do Universitario Ferrol, un dos principais clubs de baloncesto feminino de España. Nese tempo, chamárona da Federación Galega de Baloncesto para que se encargase de seleccións autonómicas de distintas idades. Tamén foi responsable deportiva da delegación de Ferrol da Federación.

Prieto conseguiu unha posición relevante como adestradora principal ao encargarse, en 2015, de levar as rédeas do CDR Ferrol (localmente coñecido como Recimil)[4], que ao ano seguinte se fusionaría co Baloncesto Base Costa Ártabra, mantendo o mesmo nome de Baloncesto Base Costa Ártabra[5] e mais a adestradora do CDR.

En 2017 fichou polo Baxi Ferrol, o equipo máis importante de Ferrol, que naquela altura estaba a xogar en división de honra feminina, para facerse cargo do posto de adestradora asistente. Ao remate desa tempada o adestrador titular, Lino López, deixou o posto para adestrar o Perfumerías Avenida, e foi substituído por Carles Martínez[6]. Pero unha serie de derrotas consecutivas motivaron a destitución de Martínez no outono de 2018, co que Prieto se fixo cargo da dirección do equipo, neste caso con Ricardo Aldrey como adestrador asistente.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É filla de Pablo Prieto, adestrador internacional de fútbol sala.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BAXI Ferrol 2018-2019, na páxina web da FEB.
  2. Claustro de profesores, na web do Colexio Plurilingüe Jesús Maestro
  3. "El Baloncesto Base Costa Ártabra anuncia la salida de su entrenadora Sandra Prieto". Consultado o 14 de decembro de 2018. 
  4. "Sandra continúa con el Senior Masculino". CBB Costa Ártabra. Consultado o 14 de decembro 2018. 
  5. "Carles Martínez dirigirá el próximo proyecto del Uni – Uni Ferrol" (en castelán). Consultado o 2018-12-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sandra_Prieto&oldid=5019904"