Santiago Agrelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santiago Agrelo
Santiago Agrelo Martínez.jpg
Arcebispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1942 en Asados, Rianxo
Ordes
Ordenación sacerdotal13 de agosto de 1966
Consagración episcopal17 de xuño de 2007, por Carlos Amigo Vallejo
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores (dende o 1963)
Arcebispo Metropolitano de Tánxer
2007 - 2019
PredecesorJ.A. Peteiro Freire
SucesorCristóbal López Romero (administrador apostólico)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Santiago Agrelo Martínez, nado o 20 de xuño de 1942 en Asados (Rianxo), é un frade franciscano galego, arcebispo católico de Tánxer entre 2007 e 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrou no seminario franciscano de Herbón en 1953, con once anos, e estivo nel ata 1958. Ao ano seguinte fixo o noviciado no convento de San Francisco do Val de Deus e en 1963 fixo aló a profesión solemne da Orde dos Freires Menores. Estudou teoloxía e filosofía en Ponteareas e na Universidade Pontificia de Salamanca. O 13 de agosto de 1966 foi ordenado sacerdote en Salamanca.

Foi profesor de liturxia no Antonianum en Roma, e posteriormente no Instituto Teolóxico de Santiago de Compostela. Ademais, ocupou diversos cargos e postos dentro da orde franciscana en Galicia, pero tamén en Portugal, Santa Fe (Colombia). Despois de ocupar a titulariedade de varias parroquias galegas rurais, o 11 de abril de 2007, o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo metropolitano de Tánxer, en Marrocos, cargo que ocupou a partir do 17 de xuño.

Ao cumprir os 75 anos, conforme o Código de Dereito Canónico, presentou a súa renuncia, que foi aceptada polo papa Francisco o 24 de maio de 2019.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Santiago_Agrelo&oldid=5167916"