Santiago Pemán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santiago Pemán
Nacemento7 de abril de 1936
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmeteorólogo
editar datos en Wikidata ]

Santiago Pemán García, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936, é un piloto e inspector de voo de Aviación Civil galego. Está considerado como o home do tempo por antonomasia da Televisión de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Santiago Pemán comezou a súa carreira profesional como inspector de voo e piloto. Voando, afeccionouse á observación meteorolóxica e conseguiu unha praza no observatorio do aeroporto de Santiago. Nunca, segundo confesa, chegou a cursar os estudos de Meteoroloxía.

A súa entrada na TVG, que foi a que o fixo famoso en Galicia, data de 1986, cando a canle autonómica galega estaba nos seus comezos. Conta que foi un día a un plató no que estaba posto un croma e, cando viron como se desenvolvía diante del, foi contratado. Dende entón, foi o home do tempo da TVG ata o 2006, cando pasou a encargarse da información do tempo no mar en horario de madrugada; colabora tamén coa radio autonómica, dando a información do tempo no mar.

Pemán tiña unha forma de presentar a información meteorolóxica que marcou estilo, pois popularizou palabras pouco coñecidas fóra de certos ámbitos profesionais (en especial ás relativas ao mundo do mar) e achegou un feixe de refráns sobre o tempo.

Miscelánea[editar | editar a fonte]

A súa popularidade chegou a que lle dedicaran camisolas. Fixéronlle cancións Ana Kiro, Eskakeo e Montse e Luis Queimada, e participou nun videoclip de Lamatumbá. Ten saído en series de televisión, interpretándose a si mesmo, como Pratos combinados.

As súas fillas continuaron o seu labor. A diferenza do seu pai, elas si estudaron Físicas e especializáronse en Meteoroloxía.

Retirado da TVG, mantén unha páxina web con información meteorolóxica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Santiago_Pemán&oldid=4966370"