Sara Casasnovas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sara Casasnovas
Nome completoSara Casasnovas Pumar
Nacemento3 de maio de 1984
LugarOurense
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActriz
http://www.saracasasnovas.com/
editar datos en Wikidata ]

Sara Casasnovas Pumar, nada en Ourense o 10 de xaneiro do 1984, é unha actriz e directora[1]galega.

Biografía[editar | editar a fonte]

Formouse como actriz na Escola de Arte Dramática Casa Hamlet, da Coruña, e na Sala Cuarta Pared, de Madrid. Asistiu a cursos de cabaré, voz, expresión corporal ou danza clásica entre outros.

Comezou a súa carreira participando en distintas series, coma Miña sogra e máis eu ou Maridos e mulleres, e curtametraxes de ámbito galego para máis tarde dar o salto a nivel estatal, onde destacou en primeiro lugar pola súa participación na serie El Comisario no papel de Natalia. Máis tarde, converteuse na protagonista de Amar en tiempos revueltos (TVE, 2007-2009) como Alicia, e en (2009) participa na serie Hospital Central, interpertando o papel da médico residente Jose.

No cinema, o seu traballo máis relevante foi o filme Días azuis, de Miguel Santesmases.

En xuño de 2009 foi atacada por un fan que tentou dispararlle cunha bésta á saída do teatro onde interpretaba a obra La noche de la iguana, desagradable incidente que quedou nun susto.

Intérprete[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

  • AM:PM, curtametraxe de Javier Lucas Rodriguez.
  • Te encontré, de Susana Pérez.
  • Por el amor de Dios, de Javier Cea.
  • Retrato - Curtametraxe
  • Promesas
  • Servicio de lavandería
  • Álex y yo (mediametraxe)
  • Días azuis (2006), de Miguel Santesmases.
  • Adiós, muñeca (2009) de Hugo Sanz.
  • Sinbad (2011) de Antón Dobao.
  • Elisa y Marcela (2019) de Isabel Coixet.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Rulfo, polo pequeno ceo da porta. Grupo teatro Hac Luce, 2003.
  • Feeling x feeling, Cabaret e variedades, 2005
  • Feeverismo. Teatro de rúa e cafe teatro, 2006
  • Kiss me once again (2007). Teatro do Noroeste.
  • Romeo e Xulieta (2007). Teatro do Noroeste.

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios TP de Oro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2007 Mellor actriz Amar en tiempos revueltos Finalista

Premios Vieira de Prata[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2008 Mellor actriz revelación Amar en tiempos revueltos Gañadora

Premios Dulcinea[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2008 Mellor actriz revelación Amar en tiempos revueltos Gañadora

Premios FETEGA[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2007 Mellor actriz Romeo e Xulieta Gañadora

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Sara Casasnovas gaña o Fancine de Lemos na mellor curtametraxe galega". Cultura Galega. 30 de xullo de 2018. Consultado o 6 de agosto de 2018. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sara_Casasnovas&oldid=5233611"