Schleswig-Holstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Schleswig-Holstein
Sleswig-Holsteen
Slesvig-Holsten
Slaswik-Holstiinj
Bandeira de Schleswig-Holstein
Escudo de Schleswig-Holstein
BandeiraEscudo
Deutschland Lage von Schleswig-Holstein.svg
Lema: Up ewig ungedeelt
Indivisible por sempre
Himno: Schleswig-Holstein meerumschlungen
EstadoAlemaña Alemaña
CapitalKiel
 • Poboación236 902 (2008)
Lingua oficialAlemán, Baixo Saxón, Dinamarqués e Frisón
Forma de gobernoEstado federado
Ministro-Presidente
Daniel Günther (CDU)
Fundado1946
SuperficiePosto 12º
 • Total15 799,38 km²
 • % auga1,7
Costas1190 km
PoboaciónPosto 11º
 • Total2 414 917 hab.
 • Densidade118 hab./km²
Dominio de Internet.de
Código ISODE-SH

Schleswig-Holstein é un dos 16 Estados federados de Alemaña. É o estado máis setentrional do país e comprende a maior parte do Ducado de Holstein e o sur do Ducado de Schleswig.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade de Lübeck foi o centro da Liga Hanseática.

O termo "Holstein" deriva do saxón antigo Holseta Land e referíase á tribo central das tres tribos saxoas ao norte do río Elba, Tedmarsgoi, Holstein e Sturmarii. O termo "Schleswig" vén da cidade de Schleswig. O Ducado de Schleswig foi orixinariamente parte de Dinamarca. Tanto Schleswig como Holstein pertenceron ao longo da súa historia en parte ou completamente tanto a Dinamarca como a Alemaña e mesmo foron virtualmente independentes de ambos. A excepción é que Schleswig non formou parte nunca de Alemaña ata a Segunda Guerra de Schleswig en 1864.

O nacionalismo alemán que seguiu ás guerras napoleónicas impulsou un forte movemento popular en Holstein e no sur de Schleswig para a unificación con Prusia. Este movemento foi tamén forte en Dinamarca e no norte de Schleswig reclamando a reintegración de Schleswig no reino de Dinamarca.

Tralo fin da guerra Austro-Prusiana en 1866 acordouse que o pobo do norte de Schleswig sería consultado nun referendo sobre a súa permanencia en Prusia ou volver a Dinamarca. A condición, porén, non foi cumprida. A derrota de Alemaña na Primeira Guerra Mundial os aliados organizaron finalmente o referendo. No norte (10 de febreiro de 1920) os partidarios da unificación con Dinamarca lograron o 75% dos votos. No Schleswig central (14 de marzo de 1920) o 80% votou por Alemaña. No sur non se levou a cabo plebiscito ningún.[1] O 15 de xuño de 1920 o norte de Schleswig volveu a Dinamarca. Esta fronteira foi a única das impostas no Tratado de Versalles que non foi desafiada por Adolf Hitler.

Trala Segunda Guerra Mundial, a provincia prusiana de Schleswig-Holstein entrou na área de ocupación británica. O 23 de agosto de 1946 o goberno militar aboliu a provincia e reconstituíuna como Land separado.[2] Debido ás migracións forzosas de alemáns entre 1944 e 1950 a poboación do estado incrementouse nun 33% (860 000 persoas).[3]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Schleswig-Holstein localízase na base da península de Xutlandia entre o mar do Norte e o mar Báltico. Na parte occidental do estado as terras baixas non teñen outeiros. Xunto coas Illas Frisoas Setentrionais forma o Nationalpark Schleswig-Holsteinisches Wattenmeer, que é o maior parque nacional de Europa Central.

A costa do mar Báltico está marcada polas baías, fiordes e cantís.

División administrativa[editar | editar a fonte]

Distritos.

Schleswig-Holstein divídese en 11 distritos, chamados Kreise:

  1. Dithmarschen
  2. Lauenburg (oficialmente Herzogtum Lauenburg ou "Ducado de Lauenburg")
  3. Nordfriesland
  4. Ostholstein
  5. Pinneberg
  6. Plön
  7. Rendsburg-Eckernförde
  8. Schleswig-Flensburg
  9. Segeberg
  10. Steinburg
  11. Stormarn

Hai ademais catro distritos urbanos (Stadtbezirk):

  1. KI   - Kiel
  2. HL   - Hansestadt ("cidade hanseática") Lübeck
  3. NMS - Neumünster
  4. FL   - Flensburg

Economía[editar | editar a fonte]

Schleswig-Holstein é o estado líder na industria das enerxías renovables de Alemaña.[4] En 2014 converteuse no primeiro estado alemán en cubrir o 100% da súa demanda de enerxía con estas enerxías (especialmente eólica, solar e de biomasa).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schwedler, Frank: Historischer Atlas Schleswig-Holstein 1867 bis 1945, Wachholtz Verlag, Neumünster
  2. "Ordinance No. 46, Abolition of the Provinces in the British Zone of the Former State of Prussia and Reconstitution thereof as Separate Länder" (PDF). Consultado o 17 de maio de 2019. 
  3. Flucht und Vertreibung en Haus der Geschichte (en alemán)
  4. Gero Rueter (10 de setembro de 2013). "Northern Germany spearheads energy transition". Deutsche Welle. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  5. Waselikowski, Lisa (8 de xaneiro de 2015). "Highlight of the Month: The First German State Achieves 100% Renewable Energy". Worldwatch Institute. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Schleswig-Holstein&oldid=5151084"