Senado de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Senado
XII lexislatura
Escudo del Senado de España.svg
Datos xerais
ÁmbitoEspaña España
Creación1977
TipoCámara Alta das Cortes Xerais
Inicio de sesións19 de xullo de 2016
Liderado
PresidentePío García-Escudero (PP)
desde o 13 de decembro de 2011
VicepresidentePedro Sanz (PP)
desde o 13 de xaneiro de 2016
Composición
Membros266 senadores
Senado de la XII legislatura de España.png
Grupos representados266 membros      Grupo Popular no Senado     Grupo Socialista     Grupo Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea     Grupo deEsquerra Republicana     Grupo Vasco no Senado (EAJ-PNV)     Grupo Mixto
Salario7005375186000000000375.186 /ano
Sen contar pagas extra[1]
Título III da Constitución
Eleccións
Sistema electoralEscrutinio maioritario plurinominal parcial con listas abertas
Última elección26 de xuño de 2016
Sede(s)
{{{salon_sesións}}}
Palacio del Senado
Plaza de la Marina Española, Madrid
Sitio web
www.senado.es
Palacio do Senado

O Senado é a cámara alta das Cortes Xerais, órgano constitucional que representa ao pobo español. É a cámara de representación territorial.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O Senado ten o seu antecedente máis remoto no Estatuto Real, outorgado pola raíña María Cristina, rexente durante a minoría de idade de Isabel II, e que estableceu por primeira vez en España a configuración bicameral das Cortes, ao dividilas en dous Estamentos: o de Próceres do Reino e o de Procuradores do Reino.

O Estamento dos Próceres do Reino tiña unha composición mixta, con membros natos tales como os fillos do rei e os Grandes de España e membros de nomeamento real, limitado a individuos de clase, polo que quedaba unha cámara cuxa natureza correspondía en esencia á representación dos nobres e a xerarquía eclesiástica nas Cortes do Antigo Réxime.

A Constitución de 1837, aprobada como consecuencia dun motín que forzou á raíña rexente a sancionala, recolleu por primeira vez a denominación de «Senado» para a Cámara Alta das Cortes Xerais. O seu primeiro presidente foi José María Moscoso de Altamira, conde de Fontao.

Nas sucesivas Constitucións de 1845, 1856, 1869 e 1876 o Senado figurou como Cámara Colexisladora, en pé de igualdade co Congreso dos Deputados, salvo, nalgúns casos, en materia de forzas armadas e de contribucións e crédito público, e ademais tivo en determinadas ocasións reservada a facultade de xulgar aos membros do Goberno acusados pola Cámara Baixa.

Durante a Segunda República Española quedou suprimido o Senado, decisión adoptada na sesión do 27 de outubro de 1931 por 150 votos contra 100. Tras perder a votación, Ángel Ossorio y Gallardo acusou os deputados conservadores e agrarios, que se retiraron do Parlamento, de non apoiarlle para impedir o triunfo do unicameralismo que preconizaban os socialistas.

Composición[editar | editar a fonte]

Componse de 259 senadores, distribuídos da seguinte maneira:

O Senado é elixido por catro anos.

Funcións[editar | editar a fonte]

Entre as súas funcións está:

  • Integración territorial:
  • Autorización de acordos entre Comunidades Autónomas.
  • Toma de medidas para forzar ás Comunidades Autónomas a cumprir a legalidade.
  • Control do Fondo de Compensación Interterritorial.
  • Lexislativa.
  • Control e impulso político.
  • Control da política exterior.

Composición[editar | editar a fonte]

Resultado das eleccións[editar | editar a fonte]

Eleccións xerais de España, 26 de xuño de 2016: Senadores

Candidatura Electos Dif. Designados Total
Partido Popular (PP) 130 +6 ' '
Partido Socialista Obrero Español (PSOE)

43
40
0
3
–4 19
17
1
1
62
Podemos 8 -1 ' '
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 10 +4 2 12
Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) 2 –4 2 4
Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) 5 -1 1 6
En Comú Podem 4 = 1 5
En Marea

1 -1 0 1
Compromís 1 = 1 2
Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (CC-PNC) 1 = 1 2
Agrupación Socialista Gomera (ASG) 1 = 0 1
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía (C's) 0 = ' '
Euskal Herria Bildu (EH Bildu) 0 = 1 1
Total 208 58 266

Mesa do Senado[editar | editar a fonte]

Mesa do Senado[2]
Cargo Titular Lista
Presidente Pío García-Escudero PP
Vicepresidente primeiro Pedro Sanz PP
Vicepresidente segundo Joan Lerma PSOE
Secretario primeiro Luis Aznar PP
Secretaria segunda Adela Pedrosa PP
Secretaria terceira María Eugenia Iparragirre EAJ-PNV
Secretario cuarto Juan Carlos Raffo PSOE

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Un "diputado raso" cobra 5.245 euros al mes" El Imparcial, 18/3/2008.
  2. RTVE.es, ed. (19 de xullo de 2016). "Pío García-Escudero é reelixido presidente do Senado". Consultado o 19 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Senado_de_España&oldid=5159181"