Shirley Chisholm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Shirley Chisholm
Shirley Chisholm.jpg
Nome completoShirley Anita St. Hill
Nacemento30 de novembro de 1924
 Brooklyn
Falecemento1 de xaneiro de 2005
 Ormond Beach
CausaIctus
SoterradaForest Lawn Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano, Barbadian American e Afro-Barbadian
RelixiónBaptismo
Alma máterUniversidade de Columbia, Brooklyn College e Teachers College
Ocupaciónpolítica
PremiosNational Women’s Hall of Fame e Medalla Presidencial da Liberdade
editar datos en Wikidata ]

Shirley Anita St. Hill Chisholm, nada o 30 de novembro de 1924 e finada o 1 de xaneiro de 2005, foi unha política, educadora e escritora estadounidense que en 1968 foi a primeira muller afroamericana elixida para o Congreso dos Estados Unidos e representou o 12.º distrito congresional do estado de Nova York na Cámara de Representantes durante sete mandatos de 1969 a 1983.[1] Tamén foi a primeira afroamericana en buscar a candidatura presidencial ó interior dun dos grandes partidos dos Estados Unidos e a primeira muller en competir pola candidatura presidencial do Partido Demócrata.[2][3] Foi elixida para formar parte do National Women's Hall of Fame en 1982; ademais, en 2015, o presidente Barack Obama concedeulle de maneira póstuma a Medalla Presidencial da Liberdade, considerada o máis alta honra civil dos Estados Unidos.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Shirley_Chisholm&oldid=4777059"