Silvia Penas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Silvia Penas
Silvia Penas.jpg
Nacemento6 de outubro de 1980
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónpoeta
PremiosPremio de poesía Victoriano Taibo, Premio Lueiro Rey de poesía e Premio de poesía Avelina Valladares
editar datos en Wikidata ]

Silvia Penas Estévez, nada en Vigo o 6 de outubro de 1980, é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antonio Reigosa, Afonso Becerra, Silvia Penas e Miguel Sande no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Realizou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e exerceu como profesora de lingua e literatura galega.

Ten participado en recitais do colectivo das Redes Escarlata, ao que pertence.

Participou na creación da peza teatral Sofía e as postsocráticas da Compañía Inversa teatro, na que actuou e achegou textos. Creou co músico Jesús Andrés Tejada do grupo de poesía escénica Cintaadhesiva[1], encargándose do texto e da voz.[2]

Entre o 2014 e o 2016 encargouse da organización e impartición dos cursos de Slam (spoken word) do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do Concello de Vigo.[3] Imparte obradoiros de poesía en Vigo e contorna.

En febreiro de 2019 o concello de Vigo graba en bronce os seguintes versos na rúa peonil do Príncipe xunto con algúns de María Raimóndez e María Xose Queizán.[4][5][6]


"A elas

que nos edificaron

polas marxes do Lagares..."


Nunha cita sobre a arte poética afirma: "A poesía é unha clase de perseveranza sobre o terreo queimado, a confianza en que, en lugar de que volva arder, alume".[7]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • As uñas crecen (2014). Sotelo Blanco. 44 páxs. ISBN 978-84-7824-633-5.[8]
  • Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores (2016). Fervenza. 54 páxs. ISBN 978-84-944750-1-6 .[9]
  • Fronteira paraíso (2019). Fotografías de Andrés Tejada. Editoria Urutau. Brasil. 64 páxs. Area Erina di do libro: "A foto desenfocada de Paraíso non deixa fechar os ollos. Como será durmir nun un lugar que non é lugar? É un tempo, de noite? É a idelización que todas herdamos materializada nunha casa, unha fiestra, un xardín…Unha diana contra a que o propio amor dispara a matar".[10]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2005: Premio de poesía da Universidade de Vigo por Neste bosque, poema en cinco partes.
  • 2007: Premio do Certame Galego de Creadores GZ Crea por A tiranía do des.
  • 2012 Premio de poesía Victoriano Taibo por Biografía da Multitude, libro escrito xunto a Elvira Riveiro. Gañou o premio ex aequo con Cuarto Minguante, de María Carmen Caramés Gorgal.
  • 2012: Premio Lueiro Rey de poesía por As uñas crecen[13].
  • 2013: Foi gañadora do Slam Arousa e do I Slam Vigo e seleccionada para participar no Slam estatal en Madrid e no Slam Internacional de Barcelona durante o ano 2013.
  • 2015: Premio de poesía Avelina Valladares do Concello da Estrada no 2015, por Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores.[14]
  • 2018: Residencia artística internacional para creación de performance poética. Poetri Slam Lisboa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cinta Adhesiva ofrece poesía, música, vídeo y teatro". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-09-14. Consultado o 2019-06-24. 
  2. "Silvia Penas Estévez". Editora Urutau. Consultado o 2019-02-03. 
  3. "Silvia Penas". orquestaclasica.com. Arquivado dende o orixinal o 04/02/2019. Consultado o 03/02/2019. 
  4. Vigo, Faro de. "La calle Príncipe respira poesía con nombre de mujer". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-06-26. 
  5. Redacción. "Los nuevos poemas que te encontrarás cuando camines por Príncipe - Vigoe.es". www.vigoe.es (en castelán). Consultado o 2019-06-26. 
  6. Atlántico. "Más nombres de la poesía en Príncipe". Atlántico (en castelán). Consultado o 2019-06-26. 
  7. asescollaselectivas (2012-09-19). "Silvia Penas". As Escollas Electivas. Consultado o 2019-02-03. 
  8. "As uñas crecen, de Silvia Penas e Río Alzheimer, de Carlos Pereira Martínez". Caderno da crítica. 2013-10-04. Consultado o 2019-02-03. 
  9. "Silvia Penas: “a poesía ofrece a posibilidade de que o terreo queimado alume”". Noticias de Galicia. Consultado o 2019-02-03. 
  10. "fronteira paraíso". Editora Urutau. Consultado o 2019-02-03. 
  11. "Biografía da multitude. Instituto de Estudios Miñoranos. LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2019-02-03. 
  12. "150 Cantares para Rosalía" (PDF). rosalia.gal. Consultado o 03/02/2019. 
  13. "Silvia Penas gana a primeira edicion do Lueiro Rey de poesía"[Ligazón morta], artigo en Sermos Galiza, 1 de marzo de 2013.
  14. C, R (18 de setembro de 2015). "Silvia Penas gaña tamén o Avelina Valladares de poesía". Sermos Galiza. Consultado o 18 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Con Tamara Andrés e Marcus Daniel Cabada en Pontevedra o 03/02/2019

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Silvia_Penas&oldid=5182231"