Sobrado
Coordenadas: 43°1′20.64″N 8°0′51.84″O / 43.0224000, -8.0144000
Sobrado | |
---|---|
![]() ![]() | |
![]() Interior do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | sobradés/sobradesa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca da Terra de Melide |
Poboación | 1.799 hab. (2018) |
Área | 120,6 km² |
Densidade | 14,92 hab./km² |
Entidades de poboación | Lugares de Sobrado |
Política (2019[2]) | |
Alcalde | Lisardo Santos (PSdG[3]) |
Concelleiros | PPdeG: 2 PSdeG-PSOE: 7 |
Eleccións municipais en Sobrado | |
Uso do galego[4] (2011) | |
Galegofalantes | 88,59% |
Na rede | |
www.sobrado.es | |
info@sobrado.es | |
Sobrado é un concello situado no sueste da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE no 2015 tiña 1911 habitantes (2139 no 2010, 2289 no 2006, 2316 no 2005, 2360 no 2004, 2400 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sobradés».[5]
Índice
Xeografía[editar | editar a fonte]
Limita ó sur cos concellos de Melide e Toques, ó leste con Friol (provincia de Lugo), ó norte con Curtis e ó oeste con Boimorto e Vilasantar. Pertence á comarca de Terra de Melide ó Partido Xudicial de Betanzos e á Diocese de Santiago. As dez parroquias do concello distribúense nun territorio de 120,6 km².
O termo municipal localízase nun área montañosa pertencente á Dorsal Galega. Atópase en Sobrado o monte Campelo, da serra da Cova da Serpe, que con 811 m de altitude é o máis alto da provincia.
Sobrado ten un réxime térmico e pluviométrico característico do clima oceánico hiperhúmedo, cunha temperatura media anual de 8,4 °C, sufrindo importantes variacións, con máximas en xullo de 22 °C e mínimas en decembro de 2,3 °C. É moi importante a cantidade de precipitacións anuais nesta comarca, cunha media superior ós 1.200 mm. A rede fluvial caracterízase por cursos pequenos e de pouco caudal.
En Sobrado nacen o Mandeo, que desemboca na ría de Betanzos, e o Tambre, que forma a ría de Muros e Noia.
Clima[editar | editar a fonte]
O seu clima é oceánico húmido e fresco, con importantes precipitacións.
Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]
Da era castrexa consérvanse varios castros[6]:
- Castro do Cruceiro (Carelle)
- Roda da Froxa (Carelle)
- As Castronelas (Carelle)
- Castro de Revillón (Carelle)
- Castro de Roda de Socastro (Cumbraos)
- Castro de Cumbraos (Cumbraos)
- Castro de Grixalva (Grixalva)
- Castro de Vilanova (A Porta)
- Castro de Seixo (Roade)
- Castro das Lagoas (Roade)
Na parroquia da Ciadella atópase o importante campamento romano da Ciadella, o máis importante dos escavados en Galicia (xunto con Aquis Querquennis en Bande). Nel apareceron gran cantidade de tégulas, lápidas, moedas e outras pezas romanas. Probablemente estaría á beira da vía romana entre Brigantium e Lugo. Estivo activo entre os séculos II e IV.
Unha pressura romana deu orixe ao condado de Présaras, que comprendía ademais do concello de Sobrado as terras dos concellos actuais de Vilasantar e Curtis e estendía os seus dominios sobre varias vilas, portos de mar, igrexas e outros mosteiros do norte de Galicia. O derradeiro dos condes de Présaras, Hermenexildo, fundou no ano 952 o mosteiro de Sobrado dos Monxes e nel foi frade logo de quedar viúvo da súa esposa Paterna Gundesíndez. Desta forma, todos os bens do condado pasaron a formar parte das que foron as posesións do cenobio. Refundado no ano 1142, fábrica da que se conservan a capela funeraria da Magdalena, a sala capitular e algunhas partes soltas. No século XVI foi cando se comezou a levantar a igrexa e o mosteiro actuais.
No lugar de Santiago do Campo hai vestixios dunha igrexa prerrománica.
Poboación[editar | editar a fonte]
A poboación de Sobrado variou, coma moitos concellos do interior de Galicia, pola emigración do agro ás cidades. Así dende os anos 1950 diminuíu a poboación ata uns estables dous mil habitantes que mantén. Sobrado é un concello da Galicia rural. A súa economía está moi ligada á explotación da terra, a gandería e a explotación forestal. O concello matén unha importante fonte de ingresos no turismo e a hostalería ao ser un dos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago.
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Censo total 2015 | 1.911 habitantes | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Menores de 15 anos | 111 (5.81 %) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Entre 15 e 64 anos | 1.065 (55.73 %) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Maiores de 65 anos | 735 (38.46 %) |
Gráfica de evolución demográfica de Sobrado entre 1842 e 2017 |
![]() |
Poboación de feito segundo os censos de poboación. Poboación de dereito (1842-1991) ou poboación residente (2001-2011) segundo os censos de poboación. Poboación segundo o padrón municipal. |
Etnografía[editar | editar a fonte]
Sobrado na cultura popular[editar | editar a fonte]
- Home de Melide, muller de Sobrado e vaca de Furelos, que os leven os demos.[7]
Aparece tamén Sobrado na terceira estrofa da «Cantiga da montaña» de Aurelio Ribalta: De Trasanquelos á Curtis, / dende Vilacoba a Aranga, / dende Monfero a Sobrado, / dende Libureiro a Caldas, dende Santiago a Millide…[8]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Sobrado.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Sobrado[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sobrado vexa: Lugares de Sobrado.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Resultados eleccións 2019
- ↑ Concello de Sobrado na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
- ↑ Costas González, X.-H. (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Universidade de Vigo. p. 59. ISBN 978-84-8158-706-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4.11.2018.
- ↑ PXUM Sobrado
- ↑ "Lugar de referencia: Sobrado". Portal de ditados tópicos galegos.
- ↑ Ribalta, Aurelio (7.11.1897). "Cantiga da montaña". Revista Gallega (A Coruña) (139): 4.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sobrado ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cabanas López, Fernando D. (2001). Historia de Sobrado dos Monxes (en castelán). Concello de Sobrado.
- López Taboada, Carme (1978). El habla de la comarca de Sobrado de los Monjes (Tese) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
- Río López, Antonio (1986). La cultura castreña en Sobrado de los Monjes (en castelán). Deputación da Coruña. ISBN 84-86040-12-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|