Sociedad Cultural y Recreativa Peña Deportiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Peña Deportiva
NomeSociedad Cultural y Recreativa Peña Deportiva
Alcume(s)Peña
Fundación1935
EstadioCamp Municipal,
Santa Eulària des Riu, Eivissa, España
Capacidade1.500
PresidenteEspaña Razvan
AdestradorEspaña Dani Mori
Liga3ª División
2017–1819º (2ª División B)
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

A Sociedad Cultural y Recreativa Peña Deportiva, máis coñecida como Peña Deportiva (en catalán: Penya Esportiva), é un club de fútbol español de Santa Eulària des Riu, na illa de Eivissa. Actualmente xoga na Terceira División Española.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo nace o 31 de marzo de 1935, e vai ascendendo categorías ata chegar ao grupo balear da Terceira División na tempada 1985-86. Da man de Antonio Arabi Serra, ex-xogador do RCD Espanyol de Barcelona, o equipo disputa a súa primeira tempada en Segunda División B no curso deportivo 1993/94. O conxunto conseguíu o ascenso grazas ao descenso por falta de pagamento aos xogadores da SD Ibiza na campaña 1992-93. Con todo, na seguinte tempada non consegue a permanencia e volta a Terceira.

En 2000, 2004, 2005 e 2006 xogou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda B. Na tempada 2007/08, o Peña Deportiva supera as dúas eliminatorias contra UD Mutilvera e CD Don Benito e volta á categoría de bronce. Igual que na tempada do seu debut, o equipo non consegue manterse na categoría.

En 2010, 2013, 2014, 2015, 2016 e 2017 xogou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda B. Non obstante, o descenso do Mallorca B de Segunda B a Terceira arrastrado polo descenso do Mallorca a Segunda B deixou unha praza vacante na categoría, que foi ocupada polo Peña Deportiva.[1] O seu paso pola categoría, igual que os dous anteriores, saldouse co descenso.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 3
  • Tempadas en : 31

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Terceira División (3): 2003-04, 2005-06, 2012-13
  • Subcampión de Terceira División (2): 1992-93, 2009-10
  • Rexional de Castela e León (1): 2015-16
  • Provincial de Salamanca (1): 2014-15

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Última Hora, ed. (3 de xullo de 2017). "La Peña Deportiva ya es equipo de Segunda B". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sociedad_Cultural_y_Recreativa_Peña_Deportiva&oldid=5036881"