Sociedade Relixiosa dos Amigos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sociedade Relixiosa de Amigos")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A estrela vermella e negra empregouse como símbolo extraoficial do servizo social cuáquero dende finais do século XIX, e foi adoptada oficialmente (con algúns cambios) polo Comité Americano de Servizo dos Amigos (American Friends Service Committee) en 1917. Outra variación é empregada pola organización británica Quaker Peace and Social Witness.

A Sociedade Relixiosa dos Amigos, xeralmente coñecida como os cuáqueros ou amigos, é unha comunidade relixiosa disidente fundada en Inglaterra por George Fox (1624-1691). Aínda que eles mesmos se chamaron «amigos», a xente chamounos «quakers» ou «tremedores» («quake» significa «tremor» en inglés). Talvez en alusión á instrución dada por George Fox ós seus seguidores de «tremer no nome do Señor», e tamén pode corresponder á experiencia de quen eran «movidos» polo Espírito.[1] «Quaker» en galego coñécese como «cuáquero».[2]

Estendéronse nos Estados Unidos polas actividades de William Penn, especialmente no estado de Pensilvania. Non teñen un credo oficial, e os cuáqueros poden chegar a ter crenzas diversas, en diferentes países e a escala nacional. A pesar diso, son considerados unha das igrexas historicamente pacifistas.

Culto[editar | editar a fonte]

O culto dos cuáqueros non programados consiste nunha reunión silenciosa de máis ou menos unha hora, durante a cal toda persoa pode ser chamada a ofrecer unha mensaxe que provén do Espírito. Entre os cuáqueros programados, en troques, tamén adoita haber adoración silenciosa, pero durante menos tempo, e como parte dun servizo relixioso máis do estilo protestante.

Hai congregaciones dispersas por todo o mundo: Gran Bretaña conta con 27.000 cuáqueros en 500 congregacións («reunións»). Todos os amigos en Inglaterra pertencen á Reunión Anual de Bretaña e son «non programados».

Os cuáqueros rexeitaron a escravitude dende a súa aparición en Inglaterra. Foron os primeiros que a condenaron nos Estados Unidos, mesmo antes da independencia dese país. En Inglaterra apoiaron o movemento antibelicista Unión de Control Democrático aínda en momentos de grande apoio nacional ós esforzos de guerra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oxford Dictionaries (en inglés)
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cuáquero.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sociedade_Relixiosa_dos_Amigos&oldid=4932538"