Soiuz 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Soyuz 1")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soiuz 1
Soyuz 7K-OK(A) drawing.png
Diagrama dunha Soiuz 7K-OK como a usada na misión Soiuz 1
TipoTripulada
Data de lanzamento23 de abril de 1967, 00:35 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz 11A511[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión24 horas[2][6]
Obxectivo da misiónVoo de proba da nova Soiuz 7K-OK.[2][6]
Regreso24 de abril de 1967[1][6]
NSSDC ID1967-037A
Masa6450,0 kg[2][5][6]

Soiuz 1 foi o nome da primeira misión tripulada dunha cápsula Soiuz, en concreto unha cápsula modelo 7K-OK. Foi lanzada o 23 de abril de 1967 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur e rematou en traxedia.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Soiuz 1 foi probar a nova cápsula Soiuz 7K-OK por primeira vez cun cosmonauta a bordo, Vladimir Mikhailovich Komarov, e tras dous voos de proba non tripulados. O plan era lanzar a Soiuz 2 con tres tripulantes a bordo o día posterior á Soiuz 1 e facer manobras conxuntas no espazo.[2][3][4][5]

Pouco despois do lanzamento comezaron os problemas para Komarov: un dos dous paneis solares da cápsula Soiuz non se despregou, quedando pegado do módulo de servizo. Ademais apareceron dificultades co control da nave debido a interferencias entre o sistema de control a reacción e os sensores de fluxo de ións que proporcionaban información sobre a posición da nave. O control de terra decidiu que Komarov debía volver, dadas as condicións do voo. O primeiro intento de retropropulsión para a reentrada atmosférica non tivo éxito debido aos problemas de orientación da nave, así que Komarov fixo un acendido manual, que logrou sen problemas. A reentrada produciuse con normalidade e o paracaídas de freado funcionou sen problemas, pero debido a un fallo nun sensor de presión o paracaídas principal non chegou a despregarse. Komarov deu activado o paracaídas de reserva, pero liouse co de freado, impedindo que funcionara. O impacto contra terra, cerca da cidade de Oremburgo e sobre as 7:00 do 24 de abril, destrozou o módulo de descenso e matou a Komarov.[2][4][5]

O accidente da Soiuz 1 foi a continuación dos problemas atopados nos voos de proba non tripulados anteriores e das presións políticas para ser lanzada a pesar de todo. O voo programado da Soiuz 2 non tivo lugar ata varios meses despois.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 1" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  2. 2,02,12,22,32,42,52,62,72,82,9 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  3. 3,03,13,23,3 "Letter dated 30 May 1967 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (67-13797). 14 de xuño de 1967: 2. Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  4. 4,04,14,24,3 Claude Lafleur (2017). "Soiuz 1" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  5. 5,05,15,25,35,45,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 1, 3, 4 (7K-OK, active)" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2017. 
  6. 6,06,16,26,36,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 1" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2017. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Soiuz_1&oldid=5204907"