Stephen Savage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Stephen Savage
Nacemento7 de xullo de 1875
 Nova Zelandia
Falecemento24 de xuño de 1941
Ocupaciónlexicógrafo
editar datos en Wikidata ]
Stephen Savage (2º á dereita da ringleira do fondo) no Consello Insular de Rarotonga (ca. 1923-1925)

Stephen Savage, nado o 7 de xullo de 1875 en Thames e finado o 24 de xuño de 1941 en Rarotonga, foi un lexicógrafo neozelandés que traballou na lingua maorí das Illas Cook

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Savage naceu de pai mestizo maorí e nai de orixe europea, chegou por vez primeira ás Illas Cook o 14 de xuño de 1894. En 1899 casou con Ada Henrietta Pari-a-Katea, filla de Emile Piltz e Raoariki o Arera. O seu coñecemento do maorí de Nova Zelandia fixo que se interesase pola lingua e as tradicións locais. En 1903 recibiu o nomeamento de intérprete oficial do Tribunal de Terras Nativas e máis tarde traballou rexistrador, o que lle deu acceso a gran número de documentos na lingua do país, que en parte publicou, xunto con artigos sobre tradicións propias de Rarotonga no "Journal of The Polynesian Society". Durante gran parte da súa vida recopilou papeletas para a elaboración dun dicionario do rarotongano, manuscrito que se publicou postumamente co título de A Dictionary of the Maori Language of Rarotonga en 1962.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Stephen_Savage&oldid=4965808"