Stevie Chalmers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Stevie Chalmers
Información persoal
Nome completo Stevie chalmers
Nacemento 26 de decembro de 1936
  Glasgow
Falecemento 2019
Nacionalidade Reino Unido
Posición Dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Steve Chalmers, nado en Glasgow o 26 de decembro de 1936, foi un xogador de fútbol escocés. Ocupaba a demarcación de dianteiro centro e que destacou pola súa colaboración no fito máis importante do Celtic ó ser un dos integrantes daqueles Lisbon Lions que conseguiron a Copa de Europa no 1967.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Este xogador chegou a Celtic Park en febreiro de 1959 e dende aquel preciso intre vestiu a camisola do club en 406 ocasións logrando 228 goles sendo, sen lugar ás dúbidas, o máis salientable o acadado na final daquela Copa de Europa do 1967 que supuña o 2-1 prós escoceses e que sería definitivo pra outorgárlle-lo cetro máis prestixioso a nivel europeo. Tamén tivo grande sona o seu hat-trick conseguido na segunda metade dun Old Firm contra os eternos rivais, o Rangers, nun 3 de xaneiro do 1966.

Xogou en 5 ocasións coa selección escocesa de fútbol, logrando 3 goles, salientando o tanto que acadou nun amigable fronte a Brasil en 1966 que rematou en táboas (1-1) en terreo escocés.

O seu fillo Paul Chalmers tamén chegou a xogar no Celtic anos despois.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Stevie_Chalmers&oldid=5232987"