Suevia (Santiago de Compostela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Suevia foi unha revista que se definía como "Revista semanal de literatura y arte"[1], publicada en Santiago de Compostela entre 1917 e 1919.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O director foi o mestre e poeta santiagués Manuel Ortiz Novo (1891-1933). Apareceu o 7 de outubro de 1917 e deixou de publicarse o 12 de marzo de 1919. A partir de xaneiro de 1918 mudou a cabeceira pola de Suevia Literaria e pasou a ter unha periodicidade mensual.

De carácter bilingüe pero maioritariamente en castelán, contou entre os seus colaboradores a plumas ilustres da literatura galega, como Paz Andrade, Salvador Golpe, Lois Carré Alvarellos, Eladio Rodríguez, Alfredo Brañas, Valle Inclán ou Cabanillas, entre outros. Tamén tivo destacados colaboradores entre o escritores casteláns, como Rubén Darío, Juan Ramón Jiménez ou Antonio Machado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo a Gran Enciclopedia Galega: "Revista semanal de literatura, arte y ciencias".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ALONSO GIRGADO, Luís: "Estudio introdutorio" a Suevia (Bos Aires, 1913, Revista Gallega Regionalista) (Bos Aires, 1916, Revista Gallega), ed. facsímile do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago de Compostela, 2007.
  • Gran Enciclopedia Galega, tomo 41, 2003.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Suevia_(Santiago_de_Compostela)&oldid=4384482"