Taboexa, As Neves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Taboexa")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Taboexa
Ermida de San Nomedio.JPG
ConcelloAs Neves
Poboación473 hab. (2017)
Entidades de poboación42

Santa María de Taboexa é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 500 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia esténdese pola aba do monte de San Nomedio, o cumio máis alto dos arredores con case 700 metros de altitude.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O Castro de Altamira, escavado en 1976 por Alfredo García Alén, e do cal se conservan numerosas pezas no Museo Provincial de Pontevedra.[1][2] Os petróglifos de Mouro e da Citania de Altamira están declarados Ben de Interese Cultural.

O Centro de Interpretación do Patrimonio e Local Socio-Cultural está enfocado á posta en valor dos bens arqueolóxicos e arquitectónicos da parroquia.

Segundo Pablo Osorio o monte de San Nomedio podería corresponderse co monte Medulio, en base á proximidade ao río Miño e á toponimia da zona. Segundo unha lenda, as augas de San Bartolomeu son férreas porque tras unha gran batalla librada alí, as armas foron soterradas nunha gruta. Outra lendas di que entre o monte e a igrexa parroquial existe unha cova escavada por mouros.

O 7 de decembro de 2017, tras a vaga de lumes de 2017, descubriuse unha laxe con petróglifos sen catalogar.[3]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Taboexa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Taboexa no concello das Neves (Pontevedra)

Altamira | Arufe | As Barreiras | As Bouciñas | Bugalleiras | O Candón | O Caneiro | A Capela | A Carrasqueira | Carreirachán | O Casal | Corneda | O Corvo | O Cotiño | Covalagarto | A Custoura | Frián | A Gañavena | A Igrexa | Leiradiño | A Lomba | O Marco | O Mariño | Millaxendo | A Moreira | Morgallón | O Mouro | Novás | O Outeiro | O Pazo | A Pedreira | Perdeán | Os Píos | A Rata | O Rego Novo | O Reguengo | O Rodeiro | Sandomedio | O Toxal | Trigal | Valverde | A Viña do Pazo

Parroquias das Neves[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias das Neves

Batalláns (Santa Eulalia) | Cerdeira (San Xoán) | Liñares (Santa María) | As Neves (Santa María) | Rubiós (San Xoán) | San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán) | San Pedro de Batalláns (San Pedro) | San Xosé de Ribarteme (San Xosé) | Santiago de Ribarteme (Santiago) | Setados (Santa Euxenia) | Taboexa (Santa María) | Tortoreos (Santiago) | Vide (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. * Taboexa.net
  2. Rodríguez García, P. (1999). Bronces figurados de Taboexa, Gallaecia, nº 18, pp 287 - 300.
  3. Reinero, David (15 de xaneiro de 2018). Praza Pública, ed. "“O maior descubrimento de arte rupestre das últimas dúas décadas en Galicia”, revelado polos incendios". Consultado o 16 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Taboexa,_As_Neves&oldid=4810523"