Tamara Abalde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tamar Abalde Díaz
(Tamara Abalde) Pedro Sánchez visita a la selección española femenina de baloncesto antes del Eurobasket 2019.jpg
Á-pivote
Información persoal
Nacemento 6 de febreiro de 1989
Ferrol
Altura 1,91

Tamara Abalde Díaz, nada en Ferrol o 6 de febreiro de 1989, é unha xogadora de baloncesto galega. Mide 1,91 e xoga de á-pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Imaxes externas
Co equipamento da Selección Española

É filla do ex-xogador de baloncesto Alberto Abalde. Iniciouse como xogadora con 8 anos. Formouse no Club Compañía de María de Vigo (1998-2003), e tras pasar polo San Xosé da Guía pasou ao Celta de Vigo, militando nas categorías inferiores desde a tempada 2003/04, debutando na División de Honra con 15 anos.

Como membro das categorías inferiores da selección de baloncesto de Galicia acadou o bronce e foi incluída no quinteto ideal no campionato de Lloret de Mar (2003), e elixida mellor pasadora en Santiago de Compostela (2004).

Coas categorías inferiores da selección de baloncesto de España acadou o 4º posto no campionato europeo de Turquía (2003), e campioa de Europa en Italia (2004), Polonia (2005, incluída no quinteto ideal con 12,3 puntos e 8,3 rebotes de media) e Tenerife (2006).

Na tempada 2007-2008 xogou no equipo da Lamar University de Texas. No verán de 2008 disputou os Xogos Olímpicos de 2008 coa selección de baloncesto de España.

Na tempada 2008-09 xogou no equipo madrileño Rivas Ecópolis, estando cedida polo Ros Casares. A finais de tempada fichou polo equipo madrileño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tamara_Abalde&oldid=5240754"