Tardienta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Santiago el Mayor

Tardienta é un concello da provincia de Huesca, na comunidade autónoma de Aragón (España).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten unha área de 90,71 km² e unha poboación de 1.072 habitantes (INE 2004) e unha densidade de 11,82 hab/km².

Historia[editar | editar a fonte]

A poboación de Tardienta, segundo datos históricos, debía de existir na época prerromana, na rexión poboada polos ilerxetes, nun pequeno núcleo con abundante vexetación e bosques. A orixe do topónimo non está clara, e posiblemente derive dunha voz prerromana[1].

Ao longo da Idade Media era unha aldea pertencente a Almudévar, pero en 1786 adquiriu a súa independencia e o título de vila concedido por Carlos III.

Durante a época da invasión francesa, Francisco de Goya realizou, polo menos, dous cadros que fan referencia a Tardienta, vila que xogou un papel importante no fornecemento de munición e pólvora á asediada cidade de Zaragoza. Trátase dos cadros "Fabricación de balas na Sierra de Tardienta" e "Fabricación de pólvora na Sierra de Tardienta"

O 16 de agosto de 1861 chegou o primeiro tren á localidade, motivo de grandes festexos entón. En Tardienta naceu en 1868 Luis Montestruc Rubio, xornalista, escritor, político e fundador do Heraldo de Aragón. Tamén naceron en Tardienta o filósofo Andrés Ortiz-Osés e o químico e investigador José Barluenga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Josep María Albaigès , Encliclopedia de los topónimos españoles (Barcelona:Planeta, 1998, ISBN 84-08-02587-2, páx. 585

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tardienta&oldid=4752150"