Teófila Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teófila Martínez Saiz
Teófila Martínez

Actualmente no cargo
Dende o 18 de xuño de 1995
Precedido por Carlos Díaz Medina

9 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011

3 de marzo de 1996 – 12 de marzo de 2000

29 de outubro de 1989 – 12 de setembro de 1995

Datos persoais
Nacemento 5 de xaneiro de 1948 (71 anos)
Santander (Cantabria), España España
Partido Partido Popular
Cónxuxe/s Santiago Cobo Cobo
Profesión Arquitecta técnica

Teófila Martínez Saiz é unha política española nacida o 5 de xaneiro de 1948 en Santander (Cantabria). É arquitecta técnica de profesión. Pertence ao Partido Popular, no que ingresou en 1977, por entón Alianza Popular. É a actual alcaldesa de Cádiz e foi deputada do Congreso pola provincia de Cádiz.[1]

En decembro de 1982 foi elixida secretaria xeral provincial de Alianza Popular en Cádiz. De 1983 até 1987 foi concelleira no concello de El Puerto de Santa María. É alcaldesa de Cádiz desde o ano 1995, sendo a alcaldesa máis votada das capitais de provincia de España nas eleccións municipais de 2003 e 2007, con arredor do 60% dos votos.[2] Coas eleccións municipais de 2011 revalida o cargo, manténdose como alcaldesa durante vinte anos.

Do seu goberno como alcaldesa destaca o soterramento da vía férrea ao seu paso por Cádiz, a consecución da Segunda Ponte do Goberno da Nación e a efeméride Cádiz 2012, organizada a nivel estatal grazas á aposta decidida do concello de Cádiz por conmemorar os douscentos anos da Constitución de Cádiz de 1812.

Foi senadora pola comunidade autónoma de Andalucía (2000-2004). Presidiu o PP de Andalucía desde 1999 até 2004, perdendo as eleccións ao Parlamento de Andalucía nos anos 2000 e 2004, sendo substituída posteriormente por Javier Arenas. Exerceu de portavoz do PP na Comisión de Obras Públicas do Congreso dos Deputados e coordinadora de Comisións do Grupo Popular no Congreso. Presidenta estatal de Mulleres para a Democracia e membro do Comité Executivo Nacional do PP.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Carlos Díaz Medina
Escudo de Cádiz (oval).svg
Alcaldesa de Cádiz

1995-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Javier Arenas
People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Presidenta do PP de Andalucía

19992004
Sucesor:
Javier Arenas
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Teófila_Martínez&oldid=4910991"