Templo de Debod

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 40°25′26.59″N 3°43′04″O / 40.4240528, -3.71778

Templo de Debod

O Templo de Debod é un edificio do antigo Exipto localizado actualmente en Madrid. Está situado ao oeste da Plaza de España, xunto ao Paseo do Pintor Rosales (Parque do Oeste), nun alto onde se atopaba o Cuartel da Montaña (no que se produciu un sanguento episodio da Guerra Civil Española). Ao ser trasladado a España, situouse de maneira que conservase aproximadamente a mesma orientación que no seu lugar de orixe, de leste a oeste.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Ten unha antigüidade duns 2.200 anos. O seu núcleo máis antigo foi quizais erigido baixo o faraón Tolomeo IV, e decorado posteriormente polo rei nubio Adikhalamani de Meroe cara a 200-180 a. C., sendo dedicado a Amón de Debod e Isis, aínda que en verdade a maioría dos investigadores pensa que a súa erección foi obra de Adikhalamani, intervindo posteriormente Tolomeo IV nel. Posúe importantes engadidos de época tolemaica e romano-imperial (do século I a. C. ao II d. C.).

Foi un agasallo de Exipto a España en 1968 en compensación pola axuda española tralo chamamento internacional realizado pola Unesco para salvar os templos de Nubia, principalmente o de Abu Simbel, en perigo de desaparición debido á construción da presa de Asuán. Exipto doou catro dos templos salvados a distintas nacións colaboradoras: Dendur aos Estados Unidos (atópase actualmente no Metropolitan Museum de Nova York), Ellesiya a Italia (Museo Exipcio de Turín), Taffa aos Países Baixos (Rijksmuseum van Oudheden de Leiden) e Debod a España.

Emprazamento original en Exipto[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Templo_de_Debod&oldid=4833380"