Teresa Orjales Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teresa Orjales Vidal
Nome completoTeresa Orjales Vidal
Nacemento16 de marzo de 1964
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndiplomática e avogada
editar datos en Wikidata ]

Teresa Orjales Vidal, nada na Coruña o 16 de marzo de 1964, é unha diplomática e avogada galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito en 1991 e axiña ingresou na carreira diplomática. Como diplomática, os seus primeiros destinos foron nas representacións españolas en Finlandia, Turquía e ante a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) situada en Bruxelas (Bélxica).

Logo durante estes anos foi xefa de servizo, xefa de área e subdirectora de Comunicación Exterior na Oficina de Información Diplomática; voceira asesora no Gabinete da ministra e do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación; en 2011 pasou a ser directora do gabinete da Presidencia do Congreso dos Deputados, ata que posteriormente exerceu de voceira asesora na Dirección Xeral de Asuntos Europeos e Cooperación co Estado.

Dende o mes de febreiro de 2017, trala aprobación por parte do Consello de Ministros, foi nomeada como a nova Embaixadora do Reino de España na República de Estonia.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Teresa_Orjales_Vidal&oldid=5103012"