Tino Grandío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tino Grandío
Nacemento31 de decembro de 1924
 Guntín
Falecemento23 de abril de 1977
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Constantino Grandío López, coñecido como Tino Grandío, nado en Lousada (Guntín) o 31 de decembro de 1924 e finado o 23 de abril de 1977, foi un pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Lugo e despois trasladouse a Santiago de Compostela. Abandonou os estudios para dedicarse á pintura. En 1949 marchou a Madrid onde recibiu a axuda do escultor Cristino Mallo e do pintor Díaz Caneja. En 1955 foi seleccionado para a Bienal Hispanoamericana de Arte en Barcelona. Realizou exposicións individuais en Madrid, Barcelona, Lisboa, París, Nova York, Múnic e Alexandría e colectivas en América do Sur e algunhas cidades europeas.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Stanley Kramer, 1956.
  • Cance, 1960.
  • Gran Premio da Dirección Xeral de Belas Artes, 1963.
  • Primeiro premio na Exposición Antolóxica do Círculo das Artes de Lugo, 1964.
  • 1ª medalla na Exposición Nacional de 1966.
  • Premio Unicef, 1968.
  • Gran premio internacional de pintura na Bienal de Marbella, 1971.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tino_Grandío&oldid=4978302"