Tito Asorey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tito Asorey
Nacemento17 de novembro de 1977
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactor e director teatral
editar datos en Wikidata ]

Tito Asorey, nado en Ourense, o 17 de novembro de 1977[1] é un actor e director de teatro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou en teatro no ano 1993 da man de Ánxeles Cuña no grupo de Teatro Tarumba da Universidade Laboral de Ourense. Na súa etapa universitaria (1996-1999) vinculouse á Aula de Teatro Universitario Maricastaña, dirixida por Fernando Dacosta, coa que participou en montaxes como Hamlet, O país das últimas cousas ou Conto de Inverno.

No ano 2000 integrouse, xa coma profesional, no elenco estable da compañía Sarabela Teatro, coa que traballou de xeito ininterrompido ata o ano 2010, participando en todas as montaxes da compañía estreadas durante eses anos.

En 2011 pasou a formar parte do elenco da última produción de Ur Teatro, Macbeth, dirixida por Helena Pimenta. Como actor foi nomeado aos Premios María Casares no ano 2002 pola obra A conxura dos necios, galardón que conseguiu no ano 2010 pola súa interpretación no filme A esmorga. No ano 2014 incorpórase ao elenco fixo da serie de televisión Serramoura, de Voz Audiovisual, emitida con pola TVG.

Paralelamente á súa experiencia como actor comeza desde o ano 2000 a súa carreira como director de escena en múltiples colectivos teatrais, como o Grupo de Teatro Tarumba, co que foi galardoado nos anos 2007, 2008 e 2010 co Premio Nacional de Teatro Novo Buero ao mellor espectáculo polas súas montaxes Remanente#1, Mort e Don Juan, que foron representadas na sé do Centro Dramático Nacional.

Desde 2007, dirixe o Grupo de Teatro Muxicas, composto por actores e actrices invidentes e videntes. No ano 2010 dirixe para a compañía Teatro de Adro, Ai Carmela! de Jose Sanchis Sinisterra. En 2013 comezou a traballar como axudante de dirección na Compañía Nacional de Teatro Clásico, nas montaxes El lindo Don Diego, de Agustín Moreto, dirixida por Carles Alfaro, La noche toledana, de Lope de Vega, dirixida por Carlos Marchena, e La cortesía de España, de Lope de Vega, dirixida por Josep María Mestres.

En 2012 acabou os seus estudos superiores de Dirección de Escena e Dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e fundou canda a catro actores e actrices a compañía ilMaquinario Teatro,[2] coa que pon en escena o espectáculo O home almofada, de Martin McDonagh, espectáculo nomeado a seis premios María Casares e cuxa versión en castelán (El hombre almohada) foi estreada en 2014 na carteleira madrileña. No ano 2014 dirixiu o segundo espectáculo desta compañía, Perplexo, de Marius Von Mayenburg, que acadou cinco premios María Casares no 2015, entre eles o de Mellor Espectáculo e Mellor Dirección. No 2017 dirixe con esta compañía o espectáculo Resaca, no que tamén participa como dramaturgo.

Exerceu de docente na aula de Teatro da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), na aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo), e en diversas asociacións culturais e centros educativos.

Experiencia profesional[editar | editar a fonte]

Como actor[editar | editar a fonte]

Audiovisual

  • Fariña. Serie. Avogado Pedro Ventura. Bambú Producciones (2018).
  • Pazo de familia. Serie. Personaxe secundario: Marco. Central de Contenidos. (2018).
  • Viradeira. Serie. Personaxe episódico. Voz Audiovisual. (2018).
  • El final del camino. Serie. Personaxe secundario fixo: Simón. Voz Audiovisual-TVE (2017)
  • Serramoura. Serie. 1ª-7ª tempada. Personaxe fixo secundario: Hugo Aradas. Voz Audiovisual (2014-2017)
  • Lobos sucios. Longametraxe. Personaxe secundario. Agallas Films (2014)
  • Matalobos. Serie 4ª tempada. Personaxe episódico. Voz Audiovisual (2011)
  • Gondar. Serie. 1ª tempada. Personaxe episódico. Continental Prod. (2009)
  • Leroy Díaz es un cretino. Curtametraxe realizada por Jesús Marzo (2009)
  • O Limia. O río do esquecemento. Curtametraxe realizada por Jordi Romero. Prod. Ozzypiuntur (2007)

Teatro

  • Macbeth, de William Shakespeare. Dir: Helena Pimenta. Ur Teatro (2011)
  • Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2010)
  • Konrad, de Christine Nöstlinger. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2010)
  • A esmorga, de Eduardo Blanco Amor. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2009)
  • O asombro da auga, de Fina Calleja. Dir: Sabela Gago. Sarabela Teatro (2008)
  • Dáme veleno, de Ánxeles Cuña. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2008)
  • Cósima, de Chris Baldwin. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2008)
  • Ubú rei, de Alfred Jarry. Dir: Suso Díaz. La Imagina Machina (2008)
  • Margar no pazo do tempo, de Ánxeles Cuña. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2007)
  • Cristovo e o libro das marabillas, de Fina Calleja. Dir: Fina Calleja. Sarabela Teatro (2007)
  • A viaxe de Efi, de Suso Díaz. Dir: Suso Díaz. La Imagina Machina (2006)
  • Macbeth, de William Shakespeare. Dir: Helena Pimenta. Sarabela Teatro. (2006)
  • O heroe, de Manuel Rivas. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2005)
  • A gata con botas, de Ánxeles Cuña. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2004)
  • Rolda de caricias, de Sergi Belbel. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2004)
  • Así que pasen cinco anos, de Federico G. Lorca. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2003)
  • A conxura dos necios, de John Kennedy Toole. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2002)
  • Sexismunda, adaptación de La vida es sueño, de Calderón de la Barca. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2001)
  • A illa amarela, de Paloma Pedrero. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2001)
  • O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas. Dir: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2000)

Como director[editar | editar a fonte]

  • Somos Criminais, de José Prieto. Ainé-Condetrespés (2018)
  • En busca do Nadal, de Manuel Cortés. Crémilo Producións (2017)
  • Resaca, de Tito Asorey e Ana Carreira. IlMaquinario Teatro (2017)
  • O mundo persistente, de Fernando Epelde. Coprodución do Centro Dramático Galego, Teatro San João de Porto, Teatro Dona María II de Lisboa, ESAD de Galicia, ESMAE de Porto e ESTC de Lisboa. (2016)
  • Arsénico por compaixón, de Joseph Kesselring. Teatro Muxicas (2016)
  • Asalto ao cercanías das 11; Teño un punto que me doe; Non teño espello no baño; Evasión. Premios de Teatro Radiófonico do Diario Cultural da RTVG (2015)
  • O corazón de Auria, de Fernando Pedrido. Escénate, S.L. (2015)
  • Perplexo, de Marius von Mayenburg. Cía. IlMaquinario Teatro (2014)
  • Un juguete para Margarita, de María Fernanda Cosín. Co-dirección con Fefa Noia. Escénate, S.L. (2014)
  • O Home Almofada, de Martin McDonagh. IlMaquinario Teatro (2012)
  • A voda dos pequenos burgueses, de Bertolt Brecht. Teatro Muxicas ONCE (2012)
  • Historia dunha banca privada, versión de FRANK V de F. Dürrenmatt. Teatro Muxicas ONCE (2011)
  • Ai, Carmela!, de José Sanchis Sinisterra. Teatro de Adro (2010)
  • Baby Boom no paraíso, de Ana Istarú. Teatro Muxicas ONCE (2010)
  • Os cravos de prata, de Nicolás Bela. Teatro Muxicas ONCE (2009)
  • Don Juan, dramaturxia de Tito Asorey sobre textos de varios autores. Teatro Tarumba (2009)
  • La zapatera prodigiosa, de Federico García Lorca. Teatro Muxicas ONCE (2008)
  • PCH2, de Tito Asorey. Teatro Tarumba (2008)
  • La boda, de Anton Chéjov. Teatro Muxicas ONCE (2007)
  • Mort, dramaturxia de Tito Asorey a partir da novela de Terry Pratchett. Teatro Tarumba (2007)
  • Remanente #1, dramaturxia propia a partir da novela Los hijos del trueno, de Fernando Lalana. Teatro Tarumba (2006)
  • Ubú rei, de Alfred Jarry. Teatro Tarumba (2005)
  • Os títeres da cachiporra, de Federico García Lorca. Teatro Tarumba (2004)
  • Touporroutou da Lúa e do Sol, de Roberto Vidal Bolaño. Teatro Tarumba (2003)
  • Dios, de Woody Allen. Teatro Tarumba (2002)
  • Hércules y la corte de Augias, de Friedrich Dürrenmatt. Teatro Tarumba (2001)
  • Morir, de Sergi Belbel. Teatro Tarumba (2000)

Como axudante de dirección[editar | editar a fonte]

  • La cortesía de España, de Lope de Vega. Dirección: Josep María Mestres. Compañía Nacional de Teatro Clásico (2014)
  • A visita da vella dama, de Friedrich Dürrenmatt. Dirección: Melania Cruz. Teatro Muxicas ONCE (2014)
  • La noche toledana, de Lope de Vega. Dirección: Carlos Marchena. Compañía Nacional de Teatro Clásico (2013)
  • El lindo don Diego, de Agustín Moreto. Dirección: Carles Alfaro. Compañía Nacional de Teatro Clásico (2013)
  • A viaxe a ningunha parte, de Fernando Fernán Gómez. Dirección: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2012)
  • A esmorga, de Eduardo Blanco Amor. Dirección: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2009)
  • Cósima, de Chris Baldwin. Dirección: Ánxeles Cuña. Sarabela Teatro (2008)
  • O asombro da auga, de Fina Calleja. Dirección: Sabela Gago. Sarabela Teatro (2008)

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Como actor[editar | editar a fonte]

Premios María Casares

Ano Categoría Traballo Resultado
2010 Mellor actor secundario A esmorga Gañador
2003 Mellor actor secundario A conxura dos necios Nomeado

Outros premios

  • Premio a mellor actor protagonista do Festival de Teatro Galego (FETEGA) por Ubú rei de La Imagina Machina (2008)

Como director[editar | editar a fonte]

Premios María Casares

Ano Categoría Traballo Resultado
2018 Mellor espectáculo Resaca Nomeado
2018 Mellor dramaturxia orixinal Resaca Nomeado
2015 Mellor espectáculo Perplexo Gañador
2015 Mellor dirección Perplexo Gañador
2015 Mellor iluminación Perplexo Gañador
2015 Mellor adaptación Perplexo Gañador
2014 Mellor espectáculo O Home Almofada Nomeado
2014 Mellor dirección O Home Almofada Nomeado
2014 Mellor iluminación O Home Almofada Nomeado
2014 Mellor adaptación O Home Almofada Nomeado

Premios "Buero" de Teatro Joven

Ano Categoría Traballo Resultado
2010 Mellor espectáculo Don Juan Gañador
2010 Mellor dramaturxia (autonómica) Don Juan Gañador
2008 Mellor espectáculo Mort Gañador
2008 Mellor dirección Mort Gañador
2007 Mellor espectáculo Remanente#1 Gañador
2007 Mellor dirección Remanente#1 Gañador

Premios Asociación de Directores de Escena de España

Ano Categoría Traballo Resultado
2017 Mellor dirección Perplejo Nomeado

Premios MAX

Ano Categoría Traballo Resultado
2018 Mellor espectáculo revelación Resaca Candidato
2018 Mellor autoría revelación Resaca Candidato
2016 Mellor espectáculo revelación Perplexo Candidato

Outros premios

  • Premio do público na 5ª Mostra de Teatro de Miño por Don Juan, con Teatro Tarumba (2010)
  • Premio do público na 4ª Mostra de Teatro de Miño por & Mort, con Teatro Tarumba (2009)
  • Premios do público nas Mostras de Teatro de Ensino Secundario de Ourense por PCH2, Mort e Remanente#1 (2008, 2007 e 2006)
  • Premios a mellor obra nas Mostras de Teatro de Ensino Secundario de Ourense por Touporroutou da Lúa e o Sol, Ubú rei, Os títeres da cachiporra e Dios (2004, 2003, 2002)
  • Premio a Mellor obra da Campaña de Normalización Língüística “Entre nós, en galego” por Touporroutou da Lúa e do Sol (2003)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tito Asorey". www.adeteatro.com. Consultado o 21 de abril de 2019. 
  2. "A compañía". ilmaquinarioteatro.com. Consultado o 21-04-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tito_Asorey&oldid=5246300"