Tolosa, Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Toulouse")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°36′16″N 1°26′38″L / 43.60444, -1.44389

Tolosa
Tolosa
Toulouse
Blason ville fr Toulouse (Haute-Garonne).svg
Montage Toulouse 2.jpg
Vistas da cidade
Localización
Tolosa en Francia
Tolosa
Tolosa
PaísFrancia Francia
RexiónMediodía-Pireneos
DepartamentoAlta Garona
DistritoTolosa
Xeografía
Altitude115-263 msnm
Superficie811,6 km²
Demografía
Poboación449.328 hab. (2013)
Densidade3.800 hab/km²
Xentiliciotolosano[1]
Outros datos
Código postal31000, 31100, 31200, 31300, 31400, 31500
AlcaldePierre Cohen (PS)
Páxina oficial de Tolosa

Tolosa[1][2] (en francésToulouse[tu.luz] (AFI)Fr-Toulouse.ogg escoitar; en occitanoTolosa[tu'luːzɔ] (AFI)), tamén coñecida como Tolosa de Linguadoc, é unha comuna francesa capital do departamento de Alta Garona, da rexión do Mediodía-Pireneos, capital histórica do Languedoc, e considerada por unha corrente como a capital da Occitania. É chamada a Cidade Rosa, pola cor que domina nos edificios antigos, feitos de ladrillo. É a capital da industria aeroespacial europea, xa que aquí radican os despachos e fábricas centrais da compañía Airbus.

Superficie e poboación[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 118,3 km2 e unha poboación en 2010 de 441.802 habitantes (chamados tolosanos), que a converten na cuarta máis poboada de Francia logo de París, Marsella e Lión. A aglomeración ou unidade urbana (formada por 73 comunas), con 871.961 habitantes en 2010, é a sexta máis poboada de Francia, por detrás das tres anteriores, Lille e Niza, e por diante de Bordeos. Finalmente, a área metropolitana tiña 1.218.166 habitantes ese mesmo ano de 2010, sendo a terceira máis populosa de Francia logo das mesmas tres que a preceden como comuna. Dentro da Unión Europea é a 41º aglomeración urbana.

Situación xeográfica[editar | editar a fonte]

A cidade atópase entre os vales fluviais do Alto Garona e do río Ariege. Tolosa comunica o Mar Mediterráneo co interior de Francia e co Atlántico, grazas ó canle do Midi. Así, xa no século XVII, o transporte de mercadorías entre Tolosa e Bordeos era habitual por medio de embarcacións de vapor. Mais a chegada do tren a mediados do século XIX rematou con esta actividade.

S. Sernin de Tolosa

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

A historia da cidade remóntase a un poboado ibérico existente a uns quilómetros do actual emprazamento da cidade. Este poboado foi ocupado polos celtas no século IV a.c. e posteriormente polos romanos no 120 a.c. Os romanos converteron a vila nun importante centro comercial e cultural dependente da Gallia Narbonensis[3]. Sendo no século III d.c. a terceira cidade en importante da Galia[3]. Posteriormente foi ocupado por visigodos e logo polos francos. Os árabes estiveron a piques de entrar na cidade mais foron repelidos no ano 721 por Eudes de Aquitánia[3].

Idade Media[editar | editar a fonte]

Despois de Carlomagno, os condes que gobernaban a cidade distanciáronse da corte real. E dos séculos IX ó XII, a cidade acadou a súa época de maior esplendor, coincidindo coa expansión da poesía trobadoresca[3]. Daquela a cidade era administrada polos condes tolosanos conxuntamente cos concellos civís, formados estes por burgueses e comerciantes. Durante o século XIII a cidade sufriu diversos ataques e sitios, ben durante a cruzada albixense, ben na cruzada contra o catarismo[3]. Cidade cunha importante mestura relixiosa, foi centro de conflitos e tensións entre as autoridades da cidade e os papas de Roma[3]. Finalmente o 12 de abril do 1.229, o último conde de Tolosa, Raimón VII, xurou o Tratado de Meaux polo cal o condado pasaria a ser controlado pola coroa francesa. Sendo a figura do conde puramente representativa. Posteriormente a filla de Raimón VII, dona Xoana, morre sen deixar descendencia masculina, confirmándose a desaparición definitiva do condado[3].

Nos séculos posteriores, a cidade alternou épocas de relativo esplendor con outras de depresión económica e demográfica. No século XV desenrolouse o comercio do pastel ou tintura azul, de grande importancia na industria téxtil[3]. Grazas a recuperación económica, a cidade foi designada coma sé do parlamento rexional dos estados do Languedoc. Mais á chegada a Europa no 1560 do índigo, tintura que proviña das Indias e o estalido das guerras de relixión volveran a afundir a cidade[3].

Idade Moderna[editar | editar a fonte]

Os séculos XIX e XX foron anos de expansión. Primeiro a chegada do ferrocarril e de poboación rural excedentaria provocaron o impulso económico da cidade. Mais foi no século XX, coas guerras mundiais, cando Tolosa acada o seu status actual. Por unha banda durante a primeira guerra mundial, debido á lonxanía da cidade da fronte de guerra, o goberno francés instala diversas fábricas de armamento, algunhas delas de avións[3]. No período de entreguerras a importancia da industria aeronáutica consolídase, quedando para a historia nomes e fitos salientábeis, tales coma os pilotos Didier Daurat, Latévère ou Mermoz[3]; ou o primeiro voo no 1918 entre Tolosa e Barcelona ou no 1919 o primeiro voo entre a cidade e Marrocos, con Antoine de Saint-Exupéry, coma piloto[3].

Trala segunda guerra mundial, a cidade aproveitouse da súa tradición aeronáutica para a implantación de novas industrias asociadas, espaciais e tamén químicas[3].

Educación[editar | editar a fonte]

Símbolos[editar | editar a fonte]

Un dos símbolos da cidade é a violeta. Esta flor chegou a Tolosa no século XIX, procedente de Parma, por medio dos soldados que retornaban das guerras napoleónicas. Axiña acadou gran sona entre floristas e reposteiros. Dende entón, esta flor fíxose simbólica, dando lugar a un floreciente comercio. A flor é cultivada sobre todo ó norte da cidade, entre maio e xuño. Sendo recolectada entre outubro e marzo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tolosano.
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1296. ISBN 9788482887524. 
  3. 3,003,013,023,033,043,053,063,073,083,093,103,113,12 Rius, Montserrat (2007). Editorial Laertes, ed. Francia, País Cátaro. ISBN 978-84-7584-591-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tolosa,_Francia&oldid=5183710"