Transportes en Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Imaxe do Tranvía-autobús de Nancy

A rede de ferrocarrís de Francia, cos seus 31.840 quilómetros, é a máis extensa da Europa Occidental. A rede é operada por SNCF. Entre os trens de alta velocidade que circulan polo país galo, atópanse o Thalys, o Eurostar e o TGV, que viaxa a unha velocidade de 320 km/h. O Eurostar, xunto co Eurotunnel Shuttle, conecta o país co veciño Reino Unido a través do Eurotúnel. A rede de ferrocarrís gala conecta ao país con tódolos seus veciños estranxeiros, agás Andorra. O transporte urbano nas cidades atópase tamén altamente desenvolvido, existindo metros e tranvías nas cidades principais, complementados cos servizos de autobús.

En Francia existen 893.300 quilómetros de vías de servizo. A rexión de París é a mellor comunicada do país estando conectada virtualmente por medio de estrada e autoestradas con tódalas vilas principais. As vías de transporte francesa son percorridas cada ano por milleiros de visitantes estranxeiros que proveñen das veciñas Bélxica, España, Andorra, Mónaco, Suíza, Alemaña e Italia. En Francia, o mercado dos automóbiles de nova adquisición está dominado por marcas nacionais como Renault (27% dos automóbiles vendidos no ano 2003), Peugeot (20,1%) e Citroën (13,5%)[1]. O 70% dos automóbiles novos vendidos no ano 2004 tiñan motores diésel, moi por riba de aqueles que posuían motores de petróleo ou GLP[2]. En Francía atópase o Viaduto de Millau, o meirande viaduto do mundo. O país posúe tamén importantes pontes coma a Ponte de Normandía.

Existen aproximadamente 478 aeroportos en Francia, incluíndo aeródromos e pistas de aterraxe. O Aeroporto internacional Charles de Gaulle (Aéroport Paris-Charles-de-Gaulle) constitúe o maior aeroporto do país en tamaño e número de pasaxeiros, 59 922 177 pasaxeiros no 2007. Este atópase nos arrabaldes de París e conecta a capital coas principais cidades e destinos de Europa e do mundo. O segundo aeroporto francés, tamén na rexión parisiense é Orly (Aéroport d'Orly ) cun trafico de 26 440 736 pasaxeiros no 2007. Logo os tres que seguin están fora da rexión parisiense : o aeroporto Niza-Costa Azul, 10 399 513 pasaxeiros no 2007 da cidade de Niza, o aeroporto de Lión-Saint-Exupéry, 7.320.952 pasaxeiros no 2007 da cidade de Lión, localizado no concello de Colombier-Saugnieue o aeroporto de Marsella (Aéroport de Marseille Provence) localizado no concello de Marignane con 6.962.773 pasaxeiros no ano 2007 [3]. Air France é a principal aeroliña francesa, malia existiren numerosas aeroliñas privadas.

Existen dez portos de certa importancia, o maior deles é o da cidade de Marsella (Grand port maritime de Marseille dende 2008 e anteriormente Port Autonome de Marseille- PAM) localizado no concello de Fos-sur-Mer. No país galo existen 14.932 quilómetros de vías navegables, entre as que destaca a Canle du Midi que conecta o mediterráneo co océano Atlántico a través do río Garona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. L'automobile magazine, hors-série 2003/2004 páx. 294.
  2. web|url=http://www.ademe.fr/particuliers/Fiches/voiture/rub3.htm%7Ctitle=www.ademe.fr/particuliers/Fiches/voiture/rub3.htm
  3. http://www.aeroport.fr/fichiers/stats_2007.pdf Arquivado 29 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. Résultats d'activités des aéroports français, Resultados de actividades do 2007 publicados pola Union des Aéroports Français
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Transportes_en_Francia&oldid=5049449"