Tratado de Albeitaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Tratado de Albeitaria é un texto medieval sobre veterinaria, dedicado á cría de cabalos e á cura das súas doenzas e feridas.

Contido[editar | editar a fonte]

O texto vai precedido dun prólogo asinado polo propio autor, Giordano Ruffo (Jurdan Ruvio de Calabria), que serve de introdución. Neste prólogo o autor divide o texto en seis partes: sobre a xestación e nacemento do cabalo, a cría e alimentación do poldro, a domesticación e ensinanza (como ferralo e como montalo), sobre a súa anatomía, as súas enfermidades (parasitos, inflamacións, fístulas...) e sobre os remedios para estas.

Características[editar | editar a fonte]

O texto orixinal é unha obra escrita en latín a mediados do século XIII por Giordano Ruffo na corte italiana de Federico II Hohenstaufen. O texto en lingua galego-portuguesa apareceu nun manuscrito heteroxéneo do notario de Baiona Álvaro Eans das Eiras, e foi copiado cara a 1420, dunha tradución realizada posiblemente a partir da edición de 1318 feita polo Mestre Giraldo na corte do rei Dinís de Portugal.

O texto ten carácter pragmático, sen motivación literaria, e a copia en galego-portugués ten unha ortografía moi descoidada con vacilacións no uso de maiúsculas e caracteres. Con todo, a versión en galego-portugués conta cun léxico máis popular e menos eufemístico cá versión portuguesa: así, úsase cu fronte a fundo ou sesso, e colloõs fronte a natura, rraizes e companhoes.

A copia en galego-portugués consta de vinte e seis folios escritos por ambas as dúas caras. En 1801 o manuscrito pasou a José Vicente Fontela Avalle, e foi publicado polo seu neto Juan Domínguez Fontela nos números XI e XII do Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense (1936-1939). O profesor José Luis Pensado levou a cabo unha introdución, unha edición paleográfica e un glosario do texto, que foron editados en 2004 polo CIRP canda unha proposta de edición crítica de Gerardo Pérez Barcala.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tratado_de_Albeitaria&oldid=4911638"