Víctor Moro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Víctor Moro
Victor Moro.jpg
Nacemento25 de abril de 1926
 Ribadeo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióneconomista e político
PremiosCreu de Sant Jordi
editar datos en Wikidata ]

Víctor Moro Rodríguez, nado o 25 de abril de 1926 en Ribadeo, é un político e economista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Economista[editar | editar a fonte]

Empezou a súa carreira como economista vencellado ao Banco de España, onde entra como técnico en 1948. Ascende a interventor aos dous anos, na delegación de Murcia, e de aí marcha á empresa privada para ser director xeral de Pescanova en (1962). Logo do paso pola política, regresa ao Banco de España como director da sede de Barcelona (1980) e posteriormente, en 1989, subdirector xeral nas oficinas centrais de Madrid.

Tamén formou parte do consello de administración de Unión Fenosa.

Político[editar | editar a fonte]

A súa carreira como político comeza ao remate do franquismo, cando é nomeado director xeral de Pesca Marítima dentro do Ministerio de Comercio que dirixía Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo. Membro da Xunta Democrática,[1] en 1977 saíu elixido como deputado pola provincia de Pontevedra nas filas da UCD, e ocupa o escano durante dous anos, ata o remate de 1978. Durante ese tempo ocupa o cargo de subsecretario xeral de Pesca e da Mariña Mercante no Ministerio de Transportes e Comunicacións.

En 1979 encabeza a candidatura da UCD ao concello de Vigo e vence nas eleccións. Porén, o pacto leva a Manoel Soto Ferreiro á alcaldía e senta a Moro como líder da oposición municipal. Deixa a política en 1980 por uns anos, e regresa como membro de Coalición Galega e durante uns meses o líder da formación, posto do que dimitiu en 1984.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Víctor_Moro&oldid=4885502"