Víctor Mosqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Víctor Mosqueira
Víctor Mosqueira.jpg
nunha homenaxe a John Balan.
Nome completoVíctor Lorenzo Mosqueira
Nacemento9 de abril de 1962
LugarCorme Porto
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor
editar datos en Wikidata ]

Víctor Lorenzo Mosqueira, nado en Corme (Ponteceso) o 9 de abril de 1962, é un actor galego .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Conta cunha extensa traxectoria interpertativa, que se desenvolve principalmente en teatro e televisión e en Galicia. Os traballos que lle deron maior popularidade nesta comunidade foron ó ser a metade do dúo cómico Mofa e Befa (que forma con Evaristo Calvo), e o seu papel de Francisco Taracido en Mareas vivas.

A nivel español converteuse nun rostro popular a raíz da súa participación na ficción de Antena 3 Un paso adelante entre 2002 e 2004.

Ten realizado así mesmo traballos como guionista cómico e produtor. Tamén participou nalgúns proxectos publicitarios e traballa como actor de dobraxe desde 1982.

O 7 de febreiro de 2011 o concello de Padrón concédelle o Premio Maruxa Villanueva en recoñecemento ao seu traballo actoral realizado en Galicia, polo seu traballo na escena alternativa e pola súa demostrada versatilidade sobre as táboas. A entrega do galardón producirase a finais de 2011.

Cinema[editar | editar a fonte]

Víctor Mosqueira (esquerda), María Costas (centro) e Avelino González (dereita), na gala dos María Casares 2014.
  • O médico atento. Fenda Filmes. Dir. Raúl Veiga. (2013)
  • Personal movie. Dir. Héctor Carré. (2011)
  • Fútbol de alterne. Dir. Alber Ponte. (2010)
  • O Apóstolo. (Animación). Dir. Fernando Cortizo. (2008)
  • A biblioteca da iguana, de Antón Dobao. Como Carlos. TV Movie. (2006)
  • Mia Sarah. Dir. Gustavo Ron. (2005)
  • Hai que botalos. Filme colectivo. (2005)
  • One day in Europe (Galatasaray-Dépor). Dir. Hannes Stöhr. (2005)
  • Pataghorobí, de Ricardo Llovo. TV Movie. (2005)
  • Para que non me esquezas. Dir. Patricia Ferreira. (2004)
  • O agasallo de Silvia. Dir. Dionisio Pérez. (2002)
  • O alquimista impaciente. Dir. Patricia Ferreira. (2000)
  • Era outra vez. Dir. Juan Pinzás. (2000)
  • ¿A ti como se che di adeus? de Jorge Coira. Como Pedro. Curtametraxe. (1999)
  • Mofa e Befa en Gran liquidación, de Jorge Coira. Curtametraxe. (1995)
  • A metade da vida. Dir. Raúl Veiga. (1994)
  • As xoias da Señora Bianconero, de Jorge Coira. Curtametraxe. (1994)
  • Cabeza de boi, de José Carlos Soler. Como Tabernero. Curtametraxe. (1994)

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • A cabeza do Dragón. P.T. Excéntricas. Dir. Quico Cadaval (2017)
  • Os amores de Jacques o fatalista. P.T. Excéntricas. Dir. Quico Cadaval (2015)
  • Ra, ra, ra. Abrapalabra. Dir. Cándido Pazó (2014)
  • Bobas & Galegas. P.T. Excéntricas. Dir. Quico Cadaval (2014)
  • Da Vinci tiña razón. P. T. Excéntricas. Dir. Quico Cadaval (2013)
  • Brinca Bolechas de Nadal. Bolanda – Pistacatro Produtora de Soños S. L. (2012)
  • Románticos. Mofa & Befa. Dir. Quico Cadaval. (2012)
  • Galicia caníbal. O musical. Filmanova – Estrella Galicia. Dir Quico Cadaval (2012)
  • Oeste solitario. P. T. Excéntricas. Dir. Quico Cadaval. (2011)
  • A ópera dos tres reás. Centro Dramático Galego (CDG). Dir. Quico Cadaval. (2011)
  • Un cranio furado. P.T. Excéntricas. Dir. Quico Cadaval. (2010)
  • Shakespeare para ignorantes. Mofa e Befa. Dir. Quico Cadaval. (2009)
  • Obra. P.T. Excéntricas. Dir. Quico Cadaval. (Premio María Casares ao mellor actor protagonista, 2008)
  • Noite de Reis. Centro Dramático Galego (CDG). Dir. Quico Cadaval. (2007)
  • Sempre ao lonxe. Mofa e Befa. Dir. Quico Cadaval. (2006)
  • Hamlet. RTA. Dir . Lino Braxe. (2006)
  • Espantoso. Mohicania. Dir. José Campanari. (2001)
  • Clown-fútbol. Chévere. Dir. Eric de Bont. (2000)
  • Finis Mundi Circus. Mofa e Befa. Dir. Quico Cadaval. (Premio María Casares ao mellor actor secundario). (1998)
  • Escola de Bufóns. Ollomoltranvía. Dir. Fabio Mangolini. (1996)
  • O rei nú. Ollomoltranvía. Dir. Cándido Pazó. (1995)
  • Raíñas de pedra. Ollomoltranvía. Dir. Helder Costa. (1994)
  • Manifesto para un teatro perralleiro. Mofa e Befa. Dir. Quico Cadaval (1994)
  • Commedia, un xoguete para Goldoni. Ollomoltranvia. Dir. Cándido Pazó. (1993-94)
  • Para ser exactos. Mofa e Befa. Dir. Quico Cadaval. (1993)
  • Un soño de verán. CDG. Dir. Eduardo Alonso. (Premio Compostela ao mellor actor secundario, 1992)
  • O incerto Señor Don Hamlet. CDG. Dir. Ricard Salvat. (1992)
  • Fas e Nefas. Ollomol-Teatro Submarino. Dir. Xan Cejudo. (1991)
  • Moleques. Ollomol-Teatro Submarino. Dir. Marcos Orsi. (1991)
  • O Rousinhol da Bretanha. O Moucho Clerc. Dir. Xan Cejudo. (1990)
  • Un Códice Clandextino. O Moucho Clerc. Dir. Xan Cejudo. (1989)
  • Na fraga do conde. O Moucho Clerc. Dir. Xan Cejudo. (1988)
  • Espectros. CDG. Dir. Manuel Lourenzo. (1988)
  • Ollares de perfil. Arte Livre de Sao Paulo. Dir. Roberto Cordovani. (1988)
  • Compañías de teatro amador Trasno e Tespis (A Coruña, 1978-1982)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Víctor_Mosqueira&oldid=5025355"