Val de La Orotava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Val de La Orotava

O Val de La Orotava está situado no norte da illa de Tenerife, nas Illas Canarias. No lado oposto encóntrase o Val de Güímar. Nel encóntranse os municipios de La Orotava, Los Realejos e o Puerto de la Cruz.

Este val na época dos guanches era coñecido como Taoro, e precisamente aquí rematou a conquista de Tenerife o 25 de xullo de 1496 coa chamada Paz de Los Realejos, erixíndose, con tal motivo, en honor ao patrón de España, o primeiro templo cristián da illa de Tenerife, a Parroquia Matriz do Apóstolo Santiago. O mencey de Taoro pacta o fin das hostilidades con Alonso Fernández de Lugo (1456-1525).

Numerosos e ilustres visitantes eloxiaron a súa paisaxe e gozaron do seu beneficioso clima: un dos máis famosos foi Alexander von Humboldt, quen segundo conta a lenda se axeonllou ante o val no miradoiro que leva actualmente o seu nome e gabou a súa paisaxe e vexetación.

Galería[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 28°23′N 16°33′O / 28.383, -16.550

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Val_de_La_Orotava&oldid=4321992"