Vasculite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Úlceras na pata dun can causadas por vasculites cutánea.
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O termo vasculite adóitase empregar en medicina para se referir ás síndromes e doenzas que cursan coa inflamación dos vasos sanguíneos. Pode afectar a case calquera vaso sanguíneo da práctica totalidade de todos os órganos do corpo.

Patoxenia[editar | editar a fonte]

O dous mecanismos máis coñecidos polos que se produce unha vasculite son:

Inflamación de orixe inmunitaria;
Invasión directa das paredes vasculares por axentes patóxenos;

Cadro clínico[editar | editar a fonte]

As vasculites amosan unha gran variedade de manifestacións clínicas acompañadas de signos e síntomas xerais, entre eles, febre, mialxias, artralxias e malestar xeral.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A clasificación máis adoito empregada responde ao tamaño dos vasos afectos. Así pois, temos:

Vasculite de grandes vasos:
  • Arterite de células xigantes (Arterite da temporal)
  • Arterite de Takayasu
Vasculite de vasos medios:
  • Poliarterite nodosa (PAN).
  • Doenza de Kawasaki.
Vasculite de vasos pequenos:
  • Por mor da presenza de ANCA (Anti-neutrophil cytoplasmic antibodies)s:
  • Por mor da presenza de inmunocomplexos:
    • Vasculite leucocitoclástica cutánea
    • Síndrome de Schönlein-Henoch
  • Outras vasculites de vasos pequenos
    • Crioglobulinemia mixta
    • Síndrome de Behçet

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Síndrome de Sturge-Weber

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vasculite&oldid=5117729"