Víctor Luis Molinari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Victor Luis Molinari")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Víctor Luis Molinari
Nacemento1904
 Buenos Aires
Falecemento1980
 Buenos Aires
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Víctor Luis Molinari, nado en Buenos Aires en 1904 e finado na mesma cidade en 1980, foi un escritor e xornalista arxentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes italianos, graduouse en Economía, mais a súa vida profesional adicouna principalmente o xornalismo (oficio que consideraba fundamental para todo escritor). Destaca o seu traballo nos xornais El Mundo, La Prensa, El Hogar, e nas revistas Galicia Emigrante e Brújula, da que foi codirector en 1930.

É autor dunha prolífica obra, parte da cal, cunha temática centrada en Galicia, que se iniciou tras o seu contacto coa intelectualidade galega emigrante.

Obra[editar | editar a fonte]

Achegouse á cultura galega en 1953, logo dunha viaxe a Galicia. Tomou entón contacto coa intelectualidade galega emigrante, participando nas actividades culturais das institucións galegas da Arxentina, como o Centro Gallego de Buenos Aires, onde estaba o foco de galegos emigrados máis importante de Latinoamérica.

É importante a súa colaboración coa revista Galicia Emigrante, unha das revistas máis importantes da emigración e exilio americano dos anos 50, cuxo fundador foi Luís Seoane. Nela escribiu relatos curtos, entre outras cousas. Tamén participou no programa semanal do mesmo nome, sendo o encargado das entrevistas.

De feito o seu primeiro libro de temática galega, Itinerario gallego, ten orixe nunha sección desta revista. Nesta sección publicaba aforismos de contido galego, e, a raíz dunha entrevista con Xosé Neira Vilas decidiu recompilalos e editalos nun tomo. A impresión foi bilingüe, o encargado da tradución en galego foi o propio Xosé Neira Vilas.

Itinerario gallego é significativo porque ademais foi o primeiro libro da editorial Follas Novas (fundada por Neira Vilas e Anisia Miranda), nel Laxeiro ilustrou a primeira cuberta dun libro, e Ramón Suárez Picallo escribiu o seu primeiro prólogo. Distribuíuse por toda América e foi premiado pola Sociedade Arxentina de Escritores.

Sería reeditado anos máis tarde, en Lugo, con cinco novos capítulos (esta vez traducidos por Arturo Regueira) e coa adición do subtítulo de Viaxe dun arxentino polas terras, polas xentes, e pola cultura de Galicia.

Na súa extensa obra Galicia e a súa realidade foi un tema recorrente. Nesta obra inclúense ademais de narrativa e poesía, obras ensaísticas, entre eles algúns sobre a obra de Rosalía de Castro e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Era un experto na historia e cultura galega, e, chegou a ser membro correspondente da Real Academia Galega dende 1962.

En canto as consideracións da súa obra, algúns dos seus poemas quedaron signados na Novísima poesía arxentina que compilaron Cambours Ocampo e Radaelli. Outros, traducidos ó italiano, mereceron a atención de Oggi e Domani, que os publicou nas súas edicións romanas. Con respecto a súa obra de temática galega, é de estilo rexionalista pois presenta unha visión bucólica e idealizada de Galicia. A súa produción literaria encadraríase dentro da literatura galega de posguerra do exilio.

Ó longo da súa carreira recibiu numerosos premios, como o décimo Premio Fernández Latorre, que se lle concedeu en 1968. O artigo premiado foi publicado no diario La Prensa, de Bos Aires e titulábase: "Proxección anímica da feria galega". Nel Molinari describe en detalle o carácter da feira galega.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Itinerario gallego (1958)
  • Poemas gallegos (1958)
  • El perfil en la sombra (1960)
  • Latitud Finisterre. Buenos Aires: editorial Follas Novas, 1961.
  • La Herida sin Tiempo. Buenos Aires: Ediciones Orense (1964) (Con portada e retrato de Eugenio Díaz).
  • Anda perdida. Buenos Aires: editorial Hachette, 1965.
  • Canto a las provincias gallegas (1967)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Víctor_Luis_Molinari&oldid=5152815"