Victoriano Sánchez Barcáiztegui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Victoriano Sánchez Barcáiztegui
Sanchez Barcaiztegui.jpg
Nome completoVictoriano Sánchez Barcáiztegui
Nacemento23 de abril de 1826
 Ferrol
Falecemento26 de maio de 1875
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmariño
editar datos en Wikidata ]
Victoriano Sánchez Barcáiztegui (Museo Naval de Madrid).

Victoriano Sánchez Barcáiztegui, nado en Ferrol o 23 de abril de 1826 e falecido no mar Cantábrico o 26 de maio de 1875, foi un militar galego.

Ingresa na Armada aos 15 anos e despois de navegar en diferentes buques é nomeado Comandante da Estación Norte de Río de la Plata en 1864. Polos méritos alcanzados no heroico combate do Callao é ascendido a Capitán de Navío de primeira clase en 1868. Posteriormente é o primeiro director da Escola Naval de Ferrol e Comandante Xeral do Arsenal.

Como Comandante Xeral da Escuadra do Norte no Cantábrico dirixe as operacións a bordo do Colón onde cae morto alcanzado pola metralla o 26 de maio de 1875. Os seus restos foron trasladados ao Panteón de Marinos Ilustres en San Fernando.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Un destrutor da Armada Española levou o nome Sánchez Barcáiztegui. Foi botado en 1926 e dado de baixa en 1964. Durante a guerra civil permaneceu baixo o mando republicano.

Unha rúa de Ferrol, localizada no barrio da Magdalena, leva o seu nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Victoriano_Sánchez_Barcáiztegui&oldid=4966204"