Vincente Minnelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vincente Minnelli
Nacemento28 de febreiro de 1903
 Chicago
Falecemento25 de xullo de 1986
 Beverly Hills
CausaAlzhéimer e pneumonía
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióndirector teatral, director de cine e diseñador de vestuario
CónxuxeJudy Garland
FillosLiza Minnelli
Premiospremios do Sindicato de Directores e Oscar ó mellor director
editar datos en Wikidata ]

Lester Anthony Minnelli, nado en Chicago o 28 de febreiro de 1903 e finado en Beverly Hills (California) o 25 de xullo de 1986, foi un director de cinema e de teatro estadounidense. Utilizou o nome artístico de Vincente Minnelli.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun músico co que a familia realizaba xiras por toda a área, traballou como fotógrafo e deseñador de vestiario antes de marchar a Nova York, onde comezou a súa carreira de director teatral. O éxito acadado nesta faceta levou á Metro-Goldwyn-Mayer a contratalo en 1940. Debutou no cine dirixindo Cabin in the Sky, en 1943.

Durante a rodaxe de Meet Me in St. Louis coñeceu a Judy Garland, coa que estivo casado durante seis anos. Deste matrimonio naceu a súa filla Liza Minnelli.

Aínda que Minnelli é especialmente coñecido coma director de películas musicais, como Un americano en París ou Gigi, que lle valeu o Oscar ao mellor director, tamén conseguiu grandes éxitos con comedias ou melodramas, como Father of the Bride ou The Bad and the Beautiful.

Finou en 1986, aos 83 anos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • 1943 - Cabin in the Sky
  • 1943 - I Dood It
  • 1944 - Meet Me in St. Louis
  • 1945 - The Clock
  • 1945 - Yolanda e o ladrón
  • 1945 - Ziegfeld Follies
  • 1946 - Undercurrent
  • 1948 - O pirata
  • 1949 - Madame Bovary
  • 1950 - Father of the Bride
  • 1951 - O pai é avó
  • 1951 - Un americano en París
  • 1952 - The Bad and the Beautiful
  • 1953 - The Band Wagon
  • 1954 - The Long, Long Trailer
  • 1954 - Brigadoon
  • 1955 - The Cobweb
  • 1955 - Kismet
  • 1956 - Lust for Life
  • 1956 - Té e simpatía
  • 1957 - Designing Woman
  • 1958 - Gigi
  • 1958 - The Reluctant Debutante
  • 1958 - Some Came Running
  • 1960 - Con el veu o escándalo
  • 1960 - Bells Are Ringing
  • 1962 - Os catro xinetes da apocalipse
  • 1962 - Dúas semanas noutra cidade
  • 1963 - The Courtship of Eddie's Father
  • 1964 - Adeus, Charlie
  • 1965 - The Sandpiper
  • 1970 - On a Clear Day You Can See Forever
  • 1976 - Nina, unha cuestión de tempo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vincente_Minnelli&oldid=4718422"