Wenceslao González Garra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Wenceslao González Garra
Nacemento19 de xaneiro de 1888
 Vilagarcía de Arousa
Falecemento16 de setembro de 1965
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Wenceslao González Garra, nado en Vilagarcía de Arousa o 19 de xaneiro de 1888 e finado na mesma vila o 16 de setembro de 1965, foi un navieiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Propietario da navieira González Garra[1]. Foi consignatario e dono do Salto Eléctrico do Tambre que adquiriu en 1918[2], e que foi xerme de Fenosa. Constituíu en 1918 a sociedade Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad xunto con Ricardo Rodríguez Pastor[3] Encomenda ao seu amigo Antonio Palacios o proxecto de Ensanche de Vilagarcía de Arousa, cuxos planos se exhiben na Casa do Concello[4]. Formou parte dos consellos de administración de FENOSA e do Banco de Vigo.

Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito de Cambados nas eleccións de 1920 e volveu ser elixido deputado nas eleccións de 1923.

Foi un gran amante do deporte da vela, gañador de trofeos patroneando os balandros de 6,5 metros Cisco e Folerpa[5][6].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O 7 de setembro de 1953 foille imposta a Gran Cruz do Mérito Naval.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Navieras 1928 Consultado o 28 de agosto de 2012.
  2. A catedral industrial galega
  3. "Se constituyó el 1 de noviembre de 1918, con un capital social de 2.000.000 pts. De la empresa formaba parte la Cooperativa Eléctrica Coruñesa, con una aportación de 1.600.000 pts., y el grupo bancario formado por Ricardo Rodríguez Pastor y Wenceslao González Garra, representando un capital de 400.000 pts."
    Citado en Mirás Araujo, Jesús; Martínez López, Alberte. "LA TRANSICIÓN ENERGÉTICA EN LAS CIUDADES DE GALICIA. DEL GAS A LA ELECTRICIDAD, 1850-1936" (PDF). webcache.googleusercontent.com. p. 11. Consultado o 7 de xuño de 2019. 
    .
  4. El tesoro de la costa vilagarciana - Faro de Vigo Consultado o 28 de agosto de 2012.
  5. Ochenta años de regatas. Faro de Vigo. Consultado 28 de agosto de 2012
  6. El blog de Arlillo Consultado o 28 de agosto de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wenceslao_González_Garra&oldid=5304894"