Will & Grace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Will & Grace
FormatoComedia de situación
Creado porDavid Kohan
Max Mutchnick
IntérpretesEric McCormack
Debra Messing
Megan Mullally
Sean Hayes
Shelley Morrison
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Episodios187
(8 Tempadas)
Produción
Duración20 min. aprox.
DistribuidorNBC
Emisión orixinal
Canle de orixeNBC
Primeira emisión22 de setembro de 1998
Derradeira emisión2006
Ligazóns externas
Páxina web
Ficha na IMDb

Will & Grace é unha comedia televisiva estadounidense, creada por David Kohan Max Mutchnick. Esta comedia de situación ambiéntase na cidade de Nova York trata sobre a vida cotiá de Will Truman e Grace Adler, un avogado gay e unha deseñadora.

A serie comezouse a emitir na NBC o 21 de setembro de 1998, cunha grande acollida polo público por iso trasladouse ó horario de máxima audiencia da canle estadounidense. Aínda que a audiencia decaeu na sexta tempada, na oitava e última tempada ascendeu novamente. Esta última tempada, rodada entre o 2005 e 2006, tivo un gran capítulo final retransmitido en directo nos EUA, e tamén na América Latina polo canal de Sony.

Will & Grace foi a primeira serie en amosar un a unha parella homosexual bicándose romanticamente, da televisión pública estadounidense.

O título da obra é un xogo de palabras en inglés, qe pode traducirse o galego como Voluntade e Graza, e tamén é o nome dos protagonistas.

En España comezouse a emitir na canle de RTVE, La 2, e na FOX. Posteriormente emitiríase en Sony Entertaiment Television.

Sinapse[editar | editar a fonte]

Will e Grace foran mozos na facultade, e durante esta relación Will descobre a súa homosexualidade. Anos máis tarde, encóntranse no supermercado despois de non verse dende a facultade. Dende este encontro convértense en grandes é inseparábeis amigos. Ó principio da serie, Will coñece a Jack, un amigo cun estereotipo gay ben marcado, Grace contrata no seu estudo de deseño a Karen, unha secretaria que vive do alcol e do diñeiro. Despois do inicio da serie, Jack e Karen gañan protagonismo polas súas personalidades extravagantes, formando outra parella de amigos inseparaveis. Durante as 8 temporadas o elenco recibiu famosos convidados para varios episodios, como Madonna, Elton John, Britney Spears, Cher, Molly Shannon, Alec Baldwin, Ellen DeGeneres, Jennifer Lopez.

Elenco[editar | editar a fonte]

Personaxe Actor orixinal (Estados Unidos)
Actor de voz (España[1]
Actor de voz (Latinoamérica)[2]
Will Truman Eric McCormack Iván Muelas Sergio Gutiérrez Coto
Grace Adler Debra Messing Carmen Consentino Sarah Souza
Jack McFarland Sean Hayes Juan Logar Jr. Luis Alfonso Mendoza
Karen Walker Megan Mullally Raquel Martín Love Santini
Estudio de dobraxe Tecnison, S.A (Madrid) Sonomex (México)
Dirección de dobraxe Raquel Martín Sergio Gutiérrez Coto

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.eldoblaje.com/datos/FichaPelicula.asp?id=2424
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2010. Consultado o 17 de decembro de 2010. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Will_%26_Grace&oldid=5188122"