Xabarín Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Xabarín Club
FormatoInfantil e xuvenil
Creado porAntonio Blanco
Dirixido porAlberte Casal
Francisco Carballés
País de orixeGalicia Galicia
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Rosa Lorenzo
Loli Fraga
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG e tvG2
Primeira emisión18 de abril de 1994
Derradeira emisiónactualidade
Ligazóns externas
Páxina web

O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil emitido pola TVG que comezou a súa andaina o 18 de abril de 1994.[1] O programa inclúe series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia. Actualmente, é transmitido desde o 2 de febreiro de 2009 pola tvG2.

A Cantar con Xabarín é unha serie de 5 CDs gravados por grupos galegos significativos, tales coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Nación Reixa, Os Diplomáticos de Monte Alto ou The Killer Barbies, e tamén portugueses e africanos para o programa. Na segunda metade dos 1990s converteuse nun fenómeno social con máis de 100.000 rapaces afiliados (83.065 afiliados activos en 2004) e as Xabaxiras (1998), concertos da música do programa, que viron milleiros de nenos e nenas galegos.

A nova etapa do Xabarín[editar | editar a fonte]

O Xabarín estreou nova imaxe en 2007 para celebrar en abril o seu 13º aniversario. Nesta nova etapa o Xabarín convida aos seus socios a iniciar novas aventuras co seu novo X. Asemade conta con novas seccións: como "Xabarín informa"; que é un pequeno espazo no que se dá a información e as noticias diarias que interesan aos seus socios.

O Xabarín tamén trae moitas outras novidades de cine, vídeo e DVD; música e bandas sonoras de novos grupos galegos, (que farán novas cancións para o programa) concertos, discos, series de debuxos animados, cómics, mangas, eventos, mostras, certames, videoxogos, revistas e fanzines, literatura infantil e xuvenil e unha axenda de recomendacións para o lecer na fin de semana.

Presentadores[editar | editar a fonte]

Primeiras tempadas[editar | editar a fonte]

Tempadas actuais[editar | editar a fonte]

Personaxes animados[editar | editar a fonte]

Xabarín[editar | editar a fonte]

O Xabarín é un personaxe de ficción que realiza a función de presentador do programa. Trátase dun porco que foi creado polas mans de Miguelanxo Prado.

O 18 de abril de 1994, segundo as súas propias palabras, dixo o primeiro Hai alguén aí?; o encargado de lle pór a voz foi desde aquela é Juanillo Esteban.

Outros personaxes[editar | editar a fonte]

  • Clodio
  • Tareixa
  • Uxía
  • Xonxa
  • Carolo

Series do club[editar | editar a fonte]

Ficha técnica[editar | editar a fonte]

Dirección: Alberte Casal e Francisco Carballés
Realización: Oswaldo García
Postprodución: Marta Abalde
Montaxe: Pérez Soliño
Produción: Rosa Lorenzo e Loli Fraga
Guión: Xosefa Valiño e Nico Campos
Colaboración: Juanillo Esteban, Miguelanxo Prado, Manolo Romón, Paulo Novoa, Mofa e Befa, Nacho de la Cierva, Nuria Barreras, Víctor Coyote, Cristina Cameselle, Josito Porto, Anxos Lago, Nicolau Rodríguez e Xabier Viana

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Resultado
2012 Premio de Honra Fernando Rey Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Uvigo.tv (ed.). "Historia da dobraxe en Galicia". Consultado o 11 de xaneiro de 2015. 
  2. 2,02,12,22,32,4 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 14 de setembro de 2011. 
  3. 3,03,13,23,33,4 Series que se están a emitir no Xabarín Club.
  4. 4,04,14,24,34,44,54,6 Series que se están a emitir na G2.
  5. 5,005,015,025,035,045,055,065,075,085,095,105,115,125,135,145,155,165,175,185,195,205,215,225,235,245,255,265,27 Series que se están a emitir no Xabarín Club e na tvG2 (inicialmente G2).
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2011. Consultado o 09 de setembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • VV.AA. (2018): 25 anos do Xabarín, toda unha xeración. Revista Luzes nº 63. ISSN 2387-1431.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xabarín_Club&oldid=5261124"