Xan das Bólas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nome completoTomás Ares Pena
Alcume/outrosXan das Bólas
Nacemento30 de outubro de 1908
LugarA Coruña, Galicia Galicia
Falecemento13 de outubro de 1977 (68 anos)
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor, actor de cinema e actor de televisión
editar datos en Wikidata ]

Tomás Ares Pena, alcumado Xan das Bólas, nado na Coruña o 30 de outubro de 1908 e finado en Madrid o 13 de outubro de 1977, foi un actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse no teatro na década dos anos 30 como humorista e actor de variedades. Finalizada a guerra civil española, emprendeu a súa carreira cinematográfica con Salomé (1940).

Nos anos seguintes chegou a consagrarse como un dos actores secundarios coa traxectoria máis extensa na historia do cinema español. A súa filmografía supera as duascentas películas e traballou ás ordes dalgúns dos máis importantes cineastas estatais como Florián Rey, Luis Lucia, José Luis Sáenz de Heredia, Juan de Orduña, Luis García Berlanga o Juan Antonio Bardem.

Na televisión traballou na serie Crónicas de un pueblo e acompañou a Fernando Fernán Gómez en El Pícaro (1974), capítulo 1: "Lucas desea un traje y un amo y encuentra las dos cosas".

Filmografía[editar | editar a fonte]

A seguinte listaxe é sóamente unha escolma da súa filmografía:

  • Éramos siete a la mesa (1942).
  • El hombre que se quiso matar (1942).
  • Tuvo la culpa Adán (1944).
  • Ella, él y sus millones (1944).
  • Mar abierto (1946)
  • Botón de ancla (1948).
  • Sabela de Cambados (1949).
  • Historia de dos aldeas (1951).
  • Malvaloca (1954).
  • Historias de la radio (1955).
  • Saeta rubia (1956).
  • Muchachas de azul (1957).
  • ¿Dónde vas, Alfonso XII? (1958).
  • Plácido (1961).
  • Aquí están las vicetiples (1961).
  • La venganza de Don Mendo (1961).
  • La gran familia (1962).
  • El verdugo (1963).
  • La chica del gato (1964).
  • ¡Cómo está el servicio! (1968).
  • Los que tocan el piano (1968).
  • Objetivo bi-ki-ni (1968).
  • Don Erre que erre (1970).
  • Me siento extraña (1977).

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xan_das_Bólas&oldid=5233659"