Xavier Malián Crosas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xavier Malián Crosas
Quecemento HC Liceo, Pazo dos deportes Riazor, A Coruña, HC Liceo vs CP Vic 10.JPG
Nacemento5 de setembro de 1989
 Sant Hipòlit de Voltregà
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Xavier Malián Crosas nado en Sant Hipòlit de Voltregà (provincia de Barcelona) o 5 de setembro de 1989, é un xogador catalán de hóckey a patíns que xoga de porteiro, máis coñecido como Xavi Malián. Dende a tempada 2010-11 xoga no HC Liceo da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xavi Malián comezou no equipo da súa cidade natal, o Club Patí Voltregà, club co que gañou 3 campionatos de España nas categorías alevín, infantil e xuvenil, e co que debutou na OK Liga. Na tempada 2009-10 asinou polo Club Patín Cerceda galego, equipo que debutaba na OK Liga (máxima categoría do hóckey a patíns no Estado español). Logo do descenso do equipo cercedense (daquela vencellado ao Liceo da Coruña), Malián ficha polo HC Liceo. Co equipo coruñés gaña dúas Copas de Europa de xeito consecutivo, unha Copa Continental e outra Intercontinental, así como a OK Liga.

Xavier Malián ten xogado na selección española dende que xogaba en categorías inferiores, tendo gañado tres títulos coa mesma en distintas categorías.

Equipos[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

HC Liceo[editar | editar a fonte]

Selección española[editar | editar a fonte]

  • 1 Europeo Xuvenil: 2007
  • 1 Mundial Sub-20: 2009
  • 1 Copa Latina: 2010

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xavier_Malián_Crosas&oldid=5214261"