Xavier Villaverde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xavier Villaverde
Nacemento1958
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cine
editar datos en Wikidata ]

Xavier Villaverde, nado na Coruña en 1958, é un director de cine galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En súper 8 e en galego filma A Semente en 1977. Vencellado ó Equipo Imaxe roda en 16mm o documental Circos (1979). En 1982 realiza en claves neorrealistas a súa primeira curtametraxe en 35mm, Tacón. Comeza a destacar no campo da creación en vídeo, sendo a obra máis coñecida dos seus principios Veneno Puro de 1984. Con Viúva Gómez e Sexo Macumba insiste no mesmo estilo experimental. A curtametraxe Alicia en Galicia (1986) recibe o primeiro premio no 16º Festival Internacional de Cinema de Montreal.

En 1989 realizou a súa primeira longametraxe, Continental. Logo adicouse un tempo a realización de publicidade para dez anos máis tarde volver a dirección cinematográfica con Fisterra, onde termina o mundo (1999). A súa terceira longametraxe, tralo éxito de crítica e público de Fisterra, foi un filme de suspense e terror psicolóxico, Trece badaladas, baseada nunha idea do escritor Suso de Toro e rodada entre febreiro e maio do 2002 en Santiago de Compostela.

Despois de compartir a produción executiva da opera prima de Rodrigo Cortés, Concursante (2007) estreou O sexo dos anxos no 2012.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Vídeo[editar | editar a fonte]

  • Veneno Puro (1984)
  • Viúva Gómez (1984)

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2012 Mellor director O sexo dos anxos Nomeado
2015 Premio de Honra "Fernando Rey" Gañador
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xavier_Villaverde&oldid=4970726"