Xoán Abreu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoán Abreu
Xoán Abreu.jpg
Nacemento10 de abril de 1965
LugarVigo
NacionalidadeEspaña
Profesióndirector teatral e actor de teatro
editar datos en Wikidata ]

Xoán Manuel Abreu Fernández, nado en Vigo o 10 de abril de 1965, é un director de escena e actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xoán Abreu é licenciado en dirección de escena pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (2010). Alén diso, tense formado en materia actoral, canto coral, danza, baile deportivo, espazo escénico, coreografía, ortofonía, canto e iluminación teatral. Fai parte da compañía teatral Avento Producións.

Xoán Abreu (no centro), con Bea Campos e Marcos Alonso, en Como sobrevivir a unha apocalipse zombi

En 1985 integrouse como actor no grupo de teatro Ítaca, de Santiago de Compostela e, desde 1988, fai parte do grupo de teatro Avento, de Vigo, compañía á que ficará ligado até a actualidade.[1] En 1994 ingresou no grupo de teatro Artello, co cal realiza unha xira polo Brasil.

Desde 1991 dirixe a maioría das producións de Avento, e na primeira década do século gaña numerosos premios de dirección, posta en escena e actuación en certames de teatro de ámbito estatal[2]. En 2014 a compañía profesionalízase baixo o nome Avento Producións.

Nos últimos anos ten dirixido musicais, como Fantasticks ou Hansel e Gretel, así como pezas de autores actuais, como BU21, presentada en Vigo tan só uns meses despois da súa estrea en Londres nunha produción de Kuleshov Theatre[3].

Ten dado aulas en escolas de teatro e de baile, e feito pequenos papeis no cine e na televisión.

Teatro[editar | editar a fonte]

Ítaca

  • Eclipse total (1985, actor)
  • The Fantasticks. Musical (1988, actor)

Grupo de Teatro Avento

  • Imos botar (dirixida por Armando Freiría, 1989, actor)
  • Para ti, Shakespeare (dirixida por An Alfaya, 1990, actor)

Artello

Compañía de teatro Avento

  • Rin rin (1992, director, dramaturxia, actor)
  • Quen matou a Mari Lauri? (1996, director, dramaturxia, actor)
  • Papá e mamá están ben (1998, director)
  • Boas noites, mamá (2002, director)
  • E agora que facemos? (2004, director e actor)
  • Monstros (2006, director e actor)
  • A insólita historia de Jimmy Pelostristes (2008, director, coreógrafo e actor)
  • Humano. The game (2010, director e actor)
  • Fantasticks (musical, 2012, director, coreógrafo, actor)

Escena T

  • Mambo (de Juan Antonio Castillo, 2012, director e actor)

Catrocadeiras

  • O Feo (de Marius von Mayenburg, 2013, actor)

Avento Producións

  • Laranxus 7 (infantil, monicreques, 2014, dramaturxia, director e manipulador)
  • Hansel e Gretel (musical infantil, 2015, director, dramaturxia e música).
  • O Mago de Oz (musical infantil, 2015 director, dramaturxia e música).
  • Como sobrevivir a unha apocalipse zombi (de Ben Muir, 2016, actor e axudante de dirección).
  • BU21 (de Stuart Slade, 2017, director).
  • Aladino e a lámpada marabillosa (musical infantil, 2018, director, dramaturxia, música e actor).

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xoán_Abreu&oldid=5234290"