Xosé Antonio Touriñán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Antonio Touriñán
Xosé Antonio Touriñán.jpg
Touriñán no espectáculo de Mucha e Nucha, nas festas do Carme de Marín.
Nome completoXosé Antonio Touriñán Rodríguez
Nacemento16 de marzo de 1980 (39 anos)
LugarCulleredo, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActor, cómico, presentador
http://www.tourinhan.gal/
editar datos en Wikidata ]

Xosé Antonio Touriñán Rodríguez, nado o 16 de marzo de 1980, en Culleredo, é un actor, humorista e presentador de televisión galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras formarse no teatro escolar en Tarrío e no Instituto Crucero Baleares (Culleredo), a principios do 2000 crea con Marcos Pereiro o dúo cómico Os 2 de Sempre, unha proposta que acadou sona co espectáculo as Cantareiras de Ardebullo, no que Touriñán interpreta a Mucha. En 2012 dirixiu e presentou Tourilandia.

No ano 2007 abriu en Carral xunta Marcos Pereiro o local de espectáculos e concertos Sala The Star, que se mantivo activo até 2012. 

No 2009 fundou, tamén con Marcos Pereiro como socio, a súa propia produtora, Airapro Producións, unha pequena empresa con sede en Carral e Betanzos, que traballa no sector audiovisual e da representación artística, xestionando grupos musicais e humoristas como Heredeiros da Crus, Pepo Suevos e as propias Cantareiras de Ardebullo. Licenciado en Filoloxía Galega e pai de dous fillos, Touriñán ten participado noutros programas, series e filmes, como Padre CasaresBotarse ao monteEra visto!Land RoberOs fenómenos ou os premios Mestre Mateo, dos que foi o presentador dous anos consecutivos.

Como actor[editar | editar a fonte]

  • Supermartes (2005), programa de televisión
  • Marta (2006), curtametraxe de Juan de Oliveira Rubinos.
  • Días azules (2006), longametraxe de Miguel Santesmanes, interpretando a Pincha La Palma.
  • En pé de festa (2006), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes
  • Efectos secundarios (2007), serie de televisión, interpretando a Emilio.
  • Luar (2008–2011, 2013), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes
  • Air Galicia (2009), programa de televisión, interpretando a varias personaxes.
  • Padre Casares (2008– ), serie de televisión, interpretando a Rodolfo.
  • Land Rober (2009–2011), programa de televisión, interpretando a Ricardo e outras personaxes
  • Era visto! (2011–2014), serie de televisión, interpretando ao taberneiro Puskas
  • Un soño de Nadal (2011), programa especial televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes
  • A Casa da Conexa (2012–2014), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes
  • Un conto de Nadal por Mucha e Nucha (2013), programa especial televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes
  • Os fenómenos (2014), longametraxe de Alfonso Zarauza.
  • Land Róber Tunai Show (2015– ) programa de televisión cómico, copresentador e actor interpretando varios personaxes
  • Buscando Ardebullo (2016)
  • Vidago Palace (2017), serie de televisión, interpretando ao Padre Raimundo
  • Fariña (2018), serie de televisión de Antena 3, interpretando a Paquito Charlín.
  • Justo antes de Cristo (2018), serie de television de Movistar+, interpretando o escravo Agorastocles.
  • Somos criminais (2018), con Carlos Blanco.
  • Unha noite na praia (2019), peza de teatro escrita e dirixida por Javier Veiga.

Como presentador[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2009 Mellor comunicador Botarse ao monte Nomeado
2011 Mellor comunicador Un soño de Nadal Nomeado
2012 Mellor comunicador Tourilandia Nomeado
2013 Mellor comunicador A casa da conexa Nomeado
2014 Mellor actor secundario Os fenómenos Nomeado
Mellor comunicador A casa da conexa Nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tourilandia na páxina da Televisión de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Antonio_Touriñán&oldid=5222510"