Xosé Luís Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Luís Abadín
Nome completoJosé Luis Abadín Iglesias
Nacemento13 de marzo de 1987
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de carreiras e piloto de automobilismo
editar datos en Wikidata ]

Xosé Luís Abadín, nado en Ourense o 13 de marzo de 1987, é un piloto de automobilismo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 2001 iniciouse no mundo do karting[1], competindo durante cinco edicións consecutivas no Campionato galego de kárting: en 2004 consegue o seu primeiro bronce final e en 2005 faise co campionato. Ese mesmo ano tamén conseguiu o Campionato de kárting de Castela e León.[1]

En 2006 e 2007 participou no campionato - escola Master Junior Fórmula, promovido por Emilio de Villota, e en 2008 deu o salto á Fórmula 3 española co equipo madrileño Novo Team, pilotando un Dallara F308.[1] Porén, en setembro dese ano, e a metade de tempada, Abadín tivo que deixar de competir por problemas orzamentarios.[2] En 2008 asinou de novo con Novo Team nesa categoría [3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 "El piloto ourensano José Luis Abadín llega a la Fórmula 3". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-04-16. Consultado o 2018-06-30. 
  2. "Novo Team prepara la carrera de Valencia". Novo Team (en castelán). 25 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2008. Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  3. "El piloto ourensano José Luis Abadín llega a la Fórmula 3". La Voz de Galicia Edición Ourense (en castelán). 16 de abril de 2008. 


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Luís_Abadín&oldid=5159958"