Xplora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xplora
Logo Xplora 2012.png
Inicio das emisións 1 de maio de 2012
Fin das emisións 5 de maio de 2014 (Televisión)
5 de xuño de 2014 (Internet)
Propiedade de Atresmedia Televisión
Formato da imaxe 576i (SDTV), 16:9
Datos de audiencia 0.3% (maio de 2014, FormulaTV)
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión España España
Flag of Andorra.svg Andorra
Canle/s irmá(s) Antena 3
laSexta
Neox
Nova
laSexta3
Antena 3 HD
laSexta HD
Páxina web Páxina web de laSexta3

Xplora foi unha canle de televisión española privada, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Atresmedia que emitía a través da TDT. Comezou as súas emisións regulares o 1 de maio de 2012 e cesounas o 5 de maio do 2014 na televisión en aberto.[1] Durante un mes, ata o 5 de xuño do 2014, Xplora emitiuse en internet a través de Atresplayer.[2] A súa oferta estaba baseada en documentais internacionais.

Historia[editar | editar a fonte]

O 4 de febreiro de 2012, José Miguel Contreras desvelou, na rede social Twitter, unha nova canle en substitución de laSexta2, con un novo nome e cun modelo de grellas diferentes.

O 12 de marzo comunicouse que laSexta2 se transformaría nunha canle de documentais, tendo a Discovery Max como principal competidor.[3]

O 1 de maio Xplora comezou as súas emisións cun 1,2% de share no seu primeiro día, superando a MTV e a Energy.[4] Ademais, desde o primeiro momento, Xplora ofrece toda a súa programación en directo a través de internet.[5]

Alén disto, antes de decantarse por transformar laSexta2 nunha canle de documentais, o grupo barallou a posibilidade de convertela nunha canle infantil, recuperando a marca Megatrix.[6] No entanto, esta opción foi descartada ó considerar que xa existían demasiadas canles dirixidas ós nenos ou mozos, como Disney Channel, Clan e Boing, o cal supoñería maior dificultade para atoparlle un oco rendible.

A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.[7][8][9]

Porén, Xplora continou as súas emisións a través de internet en Atresplayer durante catorce horas ao día.[10][11]

Finalmente, Xplora cerrou as súas emisións online o 5 de xuño de 2014, despedíndose dos seus espectadores definitivamente. Desde ese momento, moitos dos seus contidos puideron seguir véndose a través das canles de Atresmedia e na sección de documentais de Atresplayer[2]

Programación[editar | editar a fonte]

Xplora era unha canle dedicada ós documentais en todos os xéneros: culturas, o noso mundo, tecnociencia, natureza, historia... con producións norteamericanas e británicas de cine documental e documentais de telerrealidade. Para iso, a canle contaba con títulos de especialistas en documentais como BBC, National Geographic, History Channel, HBO, Zodiak, Fremantle, Cineflix ou Rive Gauche, que foron algúns dos provedores de Xplora.[12]

Aínda que ó principio a canle só emitía documentais, a súa programación tamén incluíu programas de telerrealidade. Os seus programas máis emblemáticos foron:

  • Cazadores de coches.
  • Cazadores de fantasmas.
  • Cazatesoros.
  • Cuerpos Embarazosos.
  • El jefe infiltrado.
  • Empeños a lo bestia.
  • Empeños a lo bestia: Chicago.
  • Guerreros del motor.
  • La casa de empeños.
  • Los cazadores del pantano.
  • Los restauradores.
  • Millonario anónimo.
  • Pesadilla en la cocina.

O último documental que emitiu Xplora foi Empeños a lo bestia, un dos documentais máis vistos da devandita canle.

Audiencias[editar | editar a fonte]

Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[13] Están en letra grosa e azul os meses en que foi líder de audiencia.

Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Media anual
2012 - - - - 1,1%** 1,1% 1,5% 1,4% 1,2% 1,3% 1,6% 1,6% 1,3%[14]
2013 1,5% 1,5% 1,6% 1,6% 1,7% 1,8% 1,9% 2,0%* 1,7% 1,6% 1,6% 1,6% 1,7%[14]
2014 1,7% 1,6% 1,5% 1,7% 0,3% - - - - - - - 1,6%[14]

* Máximo histórico. | ** Mínimo histórico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En novembro lanzarase laSexta3, a terceira canle en aberto, que se dedicará en exclusiva á ficción.
  2. 2,02,1 "Gracias por habernos seguido en Xploratv.com". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2014. 
  3. laSexta2 se convierte en un canal "Todo Documentales"
  4. Xplora triunfa en su primer día y dobla la audiencia que tenía La Sexta 2
  5. José Miguel Contreras: "Nadie va a poder ofrecer una selección de documentales mejor que Xplora"
  6. Sexta-ultima-el-lanzamiento-de-xplora-su-nuevo-canal-de-documentales-para-gente-curiosa/ También se barajó la opción de hacer un canal infantil
  7. El Supremo ordena el cierre de nueve canales de TDT
  8. ¿Por qué van a desaparecer en un mes 9 canales de su televisor?
  9. laSexta3, Xplora, Nitro, Nueve y LaSiete echarán el cierre
  10. Redacción (28 de abril de 2014). La Sexta, ed. "Xplora seguirá emitiéndose en atresplayer.com". Madrid: Atresmedia Corporación. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 7 de maio de 2014. 
  11. Redacción (30 de abril de 2014). La Voz de Galicia, ed. "Xplora seguirá emitiendo en internet". Consultado o 7 de maio de 2014. 
  12. Xplora contará con documentales de BBC, National Geographic o HBO
  13. "Audiencias diarias". FormulaTV. 
  14. 14,014,114,2 Pacheco, Jesús (3 de mayo de 2014). Fórmula TV, ed. "Xplora se despide de la TDT el 6 de mayo con una cuota récord del 2% conseguida en agosto de 2013". Kantar Media. Madrid: Noxvo Editorial. Consultado o 6 de maio de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xplora&oldid=4886641"